Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros creativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros creativos. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2026

Murais inspirados nas obras de Gaudí

O alumnado de Primaria achegouse ao universo creativo de Antoni Gaudí a través da realización de murais inspirados nalgunhas das súas obras máis coñecidas, como o Capricho, a Sagrada Familia ou a Pedrera.

Primeiro descubrimos quen foi Gaudí e observamos as formas, as cores e os detalles tan característicos da súa arquitectura. Chamounos especialmente a atención o uso das liñas curvas, os mosaicos e a inspiración na natureza presentes nas súas creacións.

Despois, empregando témperas e moita creatividade, os nenos e nenas elaboraron grandes murais nos que reinterpretaron estas emblemáticas obras arquitectónicas. 

Con esta actividade, o alumnado puido coñecer mellor a arte e a arquitectura modernista, ao tempo que desenvolveu a expresión artística, a observación e o traballo cooperativo.







Mosaicos con simetría radial en Arts

O alumnado de 5º de Primaria puxo en marcha toda a súa creatividade cunha actividade artística moi especial: a creación de mosaicos seguindo unha simetría radial.

Empregando materiais reciclados como cartón e rolos de papel hixiénico, os nenos e nenas deseñaron composicións cheas de formas, equilibrio e cor. Primeiro descubriron que é a simetría radial e observaron exemplos presentes na arte, na natureza e na arquitectura. Despois, chegou o momento de experimentar e crear as súas propias obras.

A partir de pequenas pezas elaboradas cos rolos e o cartón, foron construíndo mosaicos orixinais nos que todas as formas se organizaban arredor dun punto central, creando efectos visuais moi atractivos e sorprendentes.

Con esta actividade, ademais de traballar conceptos artísticos e xeométricos, o alumnado puido desenvolver a creatividade, a precisión e a importancia da reutilización de materiais para crear arte.

O resultado final foi unha colección de mosaicos moi coloridos e cheos de imaxinación.



venres, 20 de febreiro de 2026

UN ENTROIDO ARTÍSTICO E CREATIVO

Este Entroido no cole foi moi especial 🎭✨

A partir da lectura dos libros Non pare a festa e É tempo de Entroido, decidimos dar un paso máis e converter as páxinas en realidade organizando un Entroido tradicional galego na nosa escola.



Inspirándonos nos traxes de diferentes lugares de Galicia que descubrimos nas páxinas e ilustracións destas lecturas, puxémonos mans á obra para elaborar os nosos propios traxes. 

Foi unha actividade plástica e creativa que permitiu dar forma a un Entroido cheo de identidade e alegría.

Pero ollo! isto non vai só de arte e creatividade. Esta proposta permitiunos tamén desenvolver importantes habilidades:

✂️ Motricidade fina: recortando, pegando, debuxando e manipulando distintos materiais.


📏 Matemáticas: a través da medición, o uso da regra, o cálculo de tamaños e proporcións para que cada elemento encaixase perfectamente.


🤝 Traballo cooperativo, axudándonos uns aos outros e compartindo ideas.


Ademais, foi unha oportunidade marabillosa para coñecer e valorar as nosas tradicións e a nosa cultura, entendendo o significado do Entroido en Galicia e a importancia de manter vivas estas celebracións.


Aprender creando, medindo, imaxinando e celebrando xuntos… Así dá gusto festexar o Entroido! 🎉


venres, 13 de febreiro de 2026

OBRADOIROS DE ENTROIDO COAS FAMILIAS

 Temos moita sorte ! No noso cole as familias son moi colaboradoras. En infantil montamos un taller para a elaboración de disfraces  e iso axudou moito a que o traballo fose adiante.

Esperamos que saia o sol para facer un bonito desfile ata o torreiro , e así poder facer partícipes as persoas do barrio e da comunidade do noso entroido con traxes tradicionais .



mércores, 3 de decembro de 2025

“TODOS E TODAS CONTAMOS” DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Esta semana os monitores da Fundación Igualarte da man de Afundación impartiron diversos obradoiros ao noso alumnado buscando fomentar a diversidade como un valor social:

Contacontos “A familia”: dirixido ao alumnado de educación infantil. Unha vez escoitaron o conto creado pola Fundación Igualarte, realizaron a actividade “Creando a miña familia”. Por grupos, crearon un móbil colgante coas persoas que conforman unha familia.

As tarefas do fogar entre todos e todas: participaron os cursos de 1º a 4º de primaria. Consistiu nunha obra de teatro cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.

Obradoiro de percusión: os monitores deron un pequeno concerto para despois realizar un taller de percusión corporal e con instrumentos de material reciclado.







Grazas aos monitores da Fundación Igualarte por promover a inclusión e mostrar a diversidade como unha fonte de enriquecemento persoal e social.

domingo, 9 de novembro de 2025

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS



O pasado venres, os cursos de primaria unímonos para plantar árbores con pinceis... Non pensedes que isto vai unicamente de pintar... pois expertas trouxeron ao noso cole unhas pinturas fotocatalíticas que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire... como se tivésemos árbores! Alucinante, non si!?

Os de 5º e 6º estivemos pintando un mural con estas pinturas sostibles nunha das paredes do patio cuberto.


Os de 4º participamos nun obradoiro de estampaxe. Realizamos, en equipo,  un padrón relacionado co coidado do medio ambiente e o estampamos nalgúns lugares do centro para compartir a mensaxe. Tamén estampamos o padrón do Proxecto O mar empeza aquí, unha campaña para visibilizar que o que se lanza nas rúas ou na rede de sumidoiros, pode acabar directamente no mar. Por todo isto, estampamos este padrón nun dos sumidoiros que hai no centro.


Por último, os de 1º e 2º estivemos pintando bolsas de tea con pinturas non contaminantes.


Aquí podedes vernos a todos e todas en acción!


 





sábado, 8 de marzo de 2025

Obradoiro de entroido coas familias na aula de 3ºEP

Xa pasado o entroido e tras ver as caras de sorpresa das nosas familias tras tal desfile de METEOROS... É hora de que agradezamos a enorme axuda que tivemos en 3ºEP! 

Grazas mamás, papás e avoas por acompañarnos nunha tarde de traballo e diversión entre teas, tesoiras e papeis!

Foi un ratiño estupendo e un gusto preparar as pezas do noso disfrace con vós! A ver se voltades pronto a nosa aula!

Aquí deixamos un pequeno vídeo que recolle eses momentos de axuda e colaboración !









luns, 1 de maio de 2023

OBRADOIRO DE GANCHO

Paso a paso os participantes no obradoiro de gancho que se iniciou no mes de novembro van rematando as redes e bolsas de merenda que están a facer. O traballo con fío que están a facer forma parte do desenvolvemento do PDI na súa achega ao mar e os obxectivos relacionados coa alimentación saudable.