Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro reciclaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro reciclaxe. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

Christmas ornaments in Art class

 Neste mes de decembro as nosas aulas de Arts 🎨 transformáronse nuns recunchos para crear o noso tradicional adorno de Nadal  🎄.

Ademais de levar un bonito recordo, desenvolvemos a nosa creatividade 💡para facer creacións orixinais e respectuosas co medio 🌍, pois moitos destes adornos están feitos dándolle unha nova vida ♻️ a restos de papeis, cartón de caixas, rollos de papel hixiénico… 




Non nos digades que non temos o cole cheo de artistas 🧑🏼‍🎨 👩🏽‍🎨 👨🏼‍🎨!






mércores, 3 de decembro de 2025

“TODOS E TODAS CONTAMOS” DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Esta semana os monitores da Fundación Igualarte da man de Afundación impartiron diversos obradoiros ao noso alumnado buscando fomentar a diversidade como un valor social:

Contacontos “A familia”: dirixido ao alumnado de educación infantil. Unha vez escoitaron o conto creado pola Fundación Igualarte, realizaron a actividade “Creando a miña familia”. Por grupos, crearon un móbil colgante coas persoas que conforman unha familia.

As tarefas do fogar entre todos e todas: participaron os cursos de 1º a 4º de primaria. Consistiu nunha obra de teatro cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.

Obradoiro de percusión: os monitores deron un pequeno concerto para despois realizar un taller de percusión corporal e con instrumentos de material reciclado.







Grazas aos monitores da Fundación Igualarte por promover a inclusión e mostrar a diversidade como unha fonte de enriquecemento persoal e social.

luns, 18 de novembro de 2024

ECOESCOLAS - Mergullámonos na Reciclaxe

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria profundizamos un pouquiño máis na maneira que temos de reciclar no concello de Vigo grazas a un obradoiro do programa Ecoescolas. 

Repasamos os diferentes contedores que temos e o que debemos botar en cada un deles. 

Ademais do proceso de separación do lixo, falamos das distintas problemáticas que afectan ao medio ambiente e ideamos algunhas solucións. 

Lembradas as 4 R: reducir, reutilizar, reparar e reciclar, poremos cada un de nós o seu granciño de area para protexer a saúde do planeta!






luns, 30 de xaneiro de 2023

AS REDEIRAS E MARIA ANTONIA DANS NA CELEBRACIÓN DA PAZ

 Maria Antonia Dans é a pintora homenaxeda neste 2023 no Día da Ilustración en Galicia. Nós, ao tempo que celebramos o Día da Paz rematando os obradoiros Tecendo Redes coa construción colaborativa e compartida do mural da entrada, fixemos un aceno á esta descoñecida pintora, dando a coñecer un dos seus coloridos cadros e coñecendo un pouquiño da súa vida.


 

Tedes no blog de biblio o relato de toda a  semana e da xornada de hoxe

venres, 9 de decembro de 2022

COMEZAN A CHEGAR TAMÉN AS SOBREMESAS DE NADAL...comezamos a presentación

 Ademais de ir colocando nos nosos corredores  tódolos homiños que nos enviedes imos ir publicando as vosas creacións e doces de nadal que nos vaiades enviando. Imos facelo dentro desta presentación 

martes, 6 de decembro de 2022

O PRIMEIRO HOMIÑO XA CHEGOU AO COLE

  Sara de 3 anos   é a primeira que fixo o seu homiño en familia para compartir connosco.  Graciñas por abrir camiño. Animádevos! O corredor da entrada xa está case preparado para acubillar a todos.







NADAL EN FAMILIA...






 Descargade aquí o homiño 

Decorade o homiño como desexedes e enviádeo ao cole. Pasará a formar parte da decoración de Nadal, compartindo con todos vós a ledicia destas festas. Tamén podedes enviarnos a foto e publicáremola.