Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de novembro de 2023

Mullereandum

 O alumnado de primaria participou no obradoiro MULLEREANDUM que se celebrou en dúas sesións na biblioteca do noso centro. 

Na primeira delas coñeceron e participaron activamente para saber cómo foi a vida de mulleres como Concepción Arenal, María Moliner, Katherine Jonhson...

Elas tiveron moitas dificultades para acadar os seus soños (que foron grandes éxitos) e tiveron que loitar contra moita barreiras impostas na súa época, por ser mulleres e, ademáis, intelixentes. 

Na seguinte sesión, nenos e nenas comprobaron cunha actividade de traballo en cadea, a importancia de traballar xuntos na consecución dos obxectivos, independentemente do seu xénero.







mércores, 22 de xuño de 2022

XOGOS E OBRADOIROS NA FIN DE CURSO

 Entre chuvisca e chuvisca sacamos tempo para sair fóra ao noso xardín a traballar cos obradoiros de ciencia, ademais de  argallar xogos divertidos. O tempo non acompañou e non puidemos gozar dos xogos de luces e sombras preparados. Probaremos no novo curso!!

Foi un tempiño de coñecer aos amigos cos que non nos puidemos xuntar ata agora e xogar con moitas elementos diferentes nun espacio distinto. Colaborar, idear, planificar, xogar cos volumes ou simplemente gozar dos materiais e do momento. Non precisamos máis nada para disfrutar e aprender.




sábado, 28 de maio de 2022

UN NOVO MAIO EN FAMILIA

Biba da aula de 3 anos envíanos un novo maio feito na casa. Que bonito quedou! Que ben que sigades participando e recuperando tradicións!



luns, 9 de maio de 2022

"COMO FIXEMOS" O NOSO MAIO

 Os nenos e nenas de infantil quérenvos amosar como fixeron o seu maio.



domingo, 27 de febreiro de 2022

GOZANDO DO ENTROIDO E DOS AMIGOS

 Con distancias e protocolo covid, que aínda  hai que cumprir para non botar todo a perder, fomos quen de gozar dun maravilloso "día de entroido na escola" e desfilar e troulear canda os amigos de tódalas aulas.

Amosámosvos os desfraces que lucimos e algún traballiño feito nas aulas (aínda que fixemos moitos máis)...


...a presentación do Entroido e maila lectura das coplas, feitas polos nenos e nenas de 5º de primaria, o desfile de tódalas aulas e o testamento do noso Meco Gadoupa tola, feito polos nenos e nenas de 6º de primaria. Despois de todo o dito e gozado, hai que poñer en practica o aprendido e seguir a colidar o noso planeta.









E uns poucos vídeos do desfile dalgunha aula



 

e despois FESTA RACHAAADA!!!










venres, 25 de outubro de 2019

LENDO XUNTOS

Ler xuntos para desfrutar xuntos. Compartir experiencias e aprendizaxes divertidos e moi importantes ao tempo que xogamos xuntos. Non hai mellor xeito de comezar "oficialmente" a andaina da biblioteca neste curso. Os mouchiños convidáronnos esta semana na que se celebra o Día das Bibliotecas Escolares a ler e a pensar. Organizaron para nós un xogo de pistas-enigmas que tivemos que resolver e que nos mantiveron a grandes e pequenos un bo cacho matinando nas respostas correctas. Todo para poder abrir coas chaves conseguidas un misterioso paquete... Cando fomos quen de resolver tódolos misterios, descubrimos os agasallos que nos facían  os nosos amigos.
Os mouchiños queren acompañarnos  nosa volta ao mundo e, como saben tanto, prepararon unhas tarefas para todos que nos poidan guiar  nas nosas pescudas. Ademáis, tamén lembraron facernos un pequeno agasallo: un puzzle co logo do proxecto deste curso "Dándole unha volta ao planeta" e un cuadernillo de pegatas de bandeiras e animais do mundo.
Deixamósvos as fotos que xa temos. Despois iremos pondo as demáis. Case todos tivemos moita sorte co tempo que deixou lucir un agradable solciño de outono, agás os que tiveron que quedarse dentro por mor da chuvia do xoves; ainda así coido que tamén desfrutaron moito.


OBRADOIRO COMPARTIDO 3º PRIMARIA-3 ANOS



OBRADOIRO COMPARTIDO 6ºA E 4 ANOS


xoves, 17 de outubro de 2019

ÁRBORES DE NOSO PARA COMEZAR O TRABALLO

Un freixo e un bidueiro veñen  de chegar ao noso cole da man da Comunidade de Montes de Santo André. Son dúas árbores máis na nosa familia que van servir para lembrarnos a todos os terribles lumes do 2017. Son dúas esperanzas máis neste camiño de recuperación da paisaxe. Dúas árbores caracteristicas de Galicia que sempre se usaron para axudar nos labores tradicionais e que sempre medran preto das zonas húmidas como a nosa.
Os nenos de infantil e Primaria acompañaron a Alexandra de 2º, Guille DE 5º e mailo seu avó nunha plantación que quería simbolizar  ao traballo man con man de varias xeracións de coidado do noso.
Agora nós temos o deber de continuar co que os nosos devanceiros comezaron hai moito tempo, o coidado responsable e sostible da nosa terra.




venres, 3 de maio de 2019

CAMIÑANDO XUNTOS POLA IGUALDADE II


Unha vez máis estivo connosco na escola a nosa amiga Elsa para falar sobre igualdade. Fixemos un obradoiro sobre os estereotipos de xénero presentes na nosa sociedade e fomos quen de entender que as calidades humanas non teñen nome de home ou de muller, e que tanto uns coma outras temos dereito a pensar, sentir e identificarnos con todo aquelo que desexemos sen que ninguén marque a ruta dos nosos sentimentos ou ideas.