Unha vez máis estivo connosco na escola a nosa amiga Elsa
para falar sobre igualdade. Fixemos un obradoiro sobre os estereotipos de
xénero presentes na nosa sociedade e fomos quen de entender que as calidades humanas
non teñen nome de home ou de muller, e que tanto uns coma outras temos dereito
a pensar, sentir e identificarnos con todo aquelo que desexemos sen que ninguén
marque a ruta dos nosos sentimentos ou ideas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario