Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de marzo de 2022

O RETO DE ROSALÍA EN PRIMEIRO

 Os nenos  nenas de 1º fixeron o seu reto de equilibrio adornando tamén os vasos con versos e palabras dos poemas de Rosalía.




luns, 14 de marzo de 2022

O RETO DE ROSALÍA EN 3º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 3º tamén quixeron probar este reto poético de equilibrio e argallaron unha estratexia para sair victoriosos. Así nolo contan:

"Unha vez plantexado o reto, primeiro probamos a facer construcións sen ter en conta os versos en orde, logo fixemos un borrador no que planificamos unha estratexia para poder ler o que queriamos na torre e por último puxémolo en práctica".













venres, 25 de febreiro de 2022

6º DE PRIMARIA TAMÉN SEMENTA PENSAMENTOS

 Vestidos de entroido os nenos e nenas de 6º apuraron os momentos antes da festa rachada para deixar sementados os pensamentos adicados a Rosalía




xoves, 24 de febreiro de 2022

SEMENTANDO PENSAMENTOS POR ROSALÍA 1ª PARTE

 Estabamos desexando plantar os pensamentos que xa agardaban na horta dende hai algúns días e por fin hoxe puidemos comezar a espallar flores e poemas de Rosalía polo noso xardín. Os nenos de infantil, 1º e 5º foron os primeiros afortunados; os demais enseguidiña terán a súa quenda.




mércores, 23 de febreiro de 2022

RECITANDO A ROSALÍA

 Ano tras ano invitamos a tódolos nenos e nenas a recitar e ler en voz alta os poemas de Rosalía neste día tan especial. Na aula de 5 anos non o pensaron dúas veces e aproveitaron o estupendo día que fixo para celebralo ao ar libre. Noraboa! que ben o facedes!






O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 23  de febreiro, celebramos en toda Galicia o aniversario da nosa poetisa senlleira, Rosalía de Castro. Tódalas aulas están atarefadas lendo e gozando dos poemas da autora. Este curso  levamos adiante dúas actividades importantes para seguir  coñecendo a súa poesia.

Seguindo a proposta da AELG (Asociación de escritores en lingua galega) #sementado pensamentos,  todos estamos preparando os carteis que acompañaran os pensamentos, flor preferida de Rosalía, que imos todos sementar no xardin. 

Vencellando STEM e poesía, algunhas aulas xa enviaron as súas contrucións poéticas. Empezan a desfilar por aquí estes primeiros traballos, compartindo o seu tempo coa troula e mailo entroido. Mentres agardamos a rematar esta homenaxe á Rosalía e volo contamos máis todo polo miúdo, ide vendo os carteis e torres poéticas que xa están feitas.








RETO STEM.  Torre poética en equilibrio
2º de primaria.-



5 anos.-

3 anos. 
Aprenderon a recitar uns versiños de Rosalía e probaron os equilibrios aínda que non foron quen de escribir as palabras. Aínda son pequenos!




sábado, 13 de marzo de 2021

MÁIS TRABALLOS DE ROSALÍA

 É a quenda dos nenos de 3 anos. Eles achegáronse á figura de Rosalía e pintaron o seu retrato.







Tamén os de 3º de primaria amósannos máis de preto as flores poéticas que fixeron.









sábado, 27 de febreiro de 2021

ROSALÍA, DE NOVO

 Actualizamos a presentación dos traballiños de Rosalía incluíndo máis traballos de 1ºprimaria, 4 anos e 3º ademáis dos que xa vistes de 5anos e 4º de Primaria. E mais  cunha nova montaxe!. 


xoves, 25 de febreiro de 2021

TRABALLANDO A ROSALÍA.1ª parte

 Nesta semana no que celebramos o aniversario da nosa escritora Rosalía de Castro tódalas aulas andaron a darlle voltas aos seus poemas. Respondendo ás propostas do equipo de dinamización e biblioteca fomos mergullándonos nalgúns dos seus versos máis vitais.

Deixamos aquí a primeira parte da montaxe cos primeiros traballos das aulas de 5 anos, 1º e 4º de Primaria. Despois seguiremos coñecendo todo o que están facendo nas outras aulas.




martes, 25 de febreiro de 2020

24 de FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

ROSALIA DE CASTRO.  DOODLE QUE LLE ADICARON NO 2015Doodle de Rosalía de Castro


Coincide este ano o Día de Rosalía no medio do Entroido. Non hai problema, cando volvamos ao cole ocuparémonos de celebralo traballando os versos da autora. Mentres, imos poñer aquí algúns versiños que lembran o inverno para que nos axuden na tarefa que os Mouchiños encargaron ás familias. Tratábase de retratar os gromos que saen cando se chega ao fin desta estación, facendo ver esa soidade tan rosaliana. A esas fotografías había que xuntarlle algún verso da poeta no que asomase a natureza. Aqui van algúns deles. Versos soltos de poemas cheos de soidade.



 Cando era tempo de inverno
Pensaba onde estarías,
Cando era tempo de sol,
Pensaba onde andarías.
¡Agora!... tan soyo penso,
Meu ben, se me olvidarías!

....

   ¡Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias
E nos penedos ásperos, do noso inmenso mar,
Fadas de estraño nome, de encantos non sabidos
Que só con nós comparten seu prácido folgar.
                              —
   Hai entre a sombra amante das nosas carballeiras,
E das curtiñas frescas, no vívido esprendor,
E no romor das fontes, espritos cariñosos
Que só ós que aquí naceron, lles dan falas de amor.
                              —
  E  hai nas montañas nosas, e nestes nosos ceos
En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,
Cores de brilo suave, de trasparencia húmida,
De vaguedade incerta, que  a nos só da pracer.


...


Natureza fermosa,
A mesma eternamente,

 No ceo, azul crarísimo;
No chan, verdor intenso;


 Cubertos de verdura,
Brilan os campos frescos,

Que pracidamente brilan
O rio a fonte e o sol,
Canto brilan..

Cal medran herbas e arbustos,
Cal brota na árbore a fror,
...

As estrelas van fuxindo, 
a espesa néboa enrarece, 
a arboriña que frorece
 por entre ela vai saíndo.

...
Pechei os ollos e vin...
Vin fontes, prados e veigas
Tendidos ò pé de min.

....
Meses do inverno fríos
Que eu amo a todo amar,
Meses dos fartos rios
Y o doce amor do lar.
   Meses das tempestades,
Imaxe da dor,
Que afrixe as mocidades
e as vidas corta en fror.
   Chegade, e tras do outono
Que as follas fai caer,
Nelas deixade que o sono
Eu durma do non ser.
   E cando o sol fermoso
De abril torne a sorrir,
Que alume ó meu repouso,
xa non ó meu sufrir.

luns, 26 de febreiro de 2018

Día de Rosalía 2018

O venres no Párroco sumámonos á proposta da AELG e celebramos o 181 aniversario de Rosalía e así abrimos as fiestras aos versos e poemas da obra de Rosalía máis importante para a lingua galega, Cantares Gallegos que foi editada na imprenta Juan Compañel da rúa Real de Vigo.
Nos días previos traballouse nas aulas a vida e obra de Rosalía´. Xa o venres pola mañá ben cedo foron moitas aulas as que encheron de poemas e versos as fiestras do noso colexio, a biblioteca quedou cheiña de poemas e estrofas "Rosalianos" acompañados do lema deste ano.

As familias tamén foron partícipes deste aniversario levando a cabo unha actividade que vos contaremos no blogue da biblioteca.

Despois do recreo, xuntámonos todos no patio dianteiro, converténdose así o porche no escenario do noso espectáculo poético-musical onde nos esperaba unha grata sorpresa e é que a mismísima Rosalía estaba esperando para escoitar todo o que lle queriamos adicar.

 Primeiro foron os nenos e nenas de 2º os que abriron o acto lendo unha adaptación do manifesto #AbrideAFiestra. Despois sucedéronse case todos os cursos recitando, lendo e cantando algún fragmento, poema ou canción adicado a esta gran muller.
E é que Rosalía de Castro, pertence ao pasado da nosa historia, pero segue presente cada día na beleza que nos rodea, tamén na nosa cidade como veredes no mural das familais pero sobre todo nos nosos corazóns. Rosalía sempre será actualidade!.
Aquí tedes o manifesto e as fotos dese día tan especial que pasamos.