Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ

 


A partir do conto Bailar nas nubes  dialogamos sobre a convivencia, a aceptación e valoración das demais persoas como son e mailo respecto, ensalzando sempre os bos valores que nos levan a conservar a Paz na contorna onde vivimos, no noso pobo.

Así mesmo convidamos ás familias a participar con nós no canto elexido para este día da Paz ” Eu teño alguén”. 

Deixámosvos un pequeno vídeo



luns, 30 de xaneiro de 2023

AS REDEIRAS E MARIA ANTONIA DANS NA CELEBRACIÓN DA PAZ

 Maria Antonia Dans é a pintora homenaxeda neste 2023 no Día da Ilustración en Galicia. Nós, ao tempo que celebramos o Día da Paz rematando os obradoiros Tecendo Redes coa construción colaborativa e compartida do mural da entrada, fixemos un aceno á esta descoñecida pintora, dando a coñecer un dos seus coloridos cadros e coñecendo un pouquiño da súa vida.


 

Tedes no blog de biblio o relato de toda a  semana e da xornada de hoxe

mércores, 17 de febreiro de 2021

CANTANDO XUNTOS EN GALEGO

 O pasado Día da Paz, que nós celebramos o 29 de Xaneiro, quixemos facer máis curtas as distancias entre tódalas aulas cantando xuntos unha canción de amizade "Iso que ti me das" de Jarabe de Palo. Nestes tempos de pandemia temos visto o importantes que son os amigos e o moito que lle temos que agradecer. Coas gravacións feitas nas aulas compuxemos unha nova montaxe na que todos somos protagonistas.

Podedes ver aquí o vídeo ou ver a entrada completa no blog da biblio.