Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de xuño de 2023

FACEMOS GALLETAS CON MARUXA

 Maruxa é un conto que nos acompañou dende o 2º trimestre. Tiñámolo de libro do mes de marzo e gozamos moito coa espilida avóa Maruxa que foi quen de conseguir que o seu home Pepiño traballase tamén nas tarefas de cociña. 

Despois de gozar un mundo coa súa lectura, quixemos facer fan coma Maruxa e Pepiño e iso fixemos. Xa o vistes nunha entrada anterior. Aos poucos dias, os de 4, fixemos a Pepiño con masa de barro e plastilina, pero... faltábanos algo. Por que non facemos unha Maruxa de galleta e comémola?dixeron todos. Dito e feito. Invitamos os amigos de 3 anos que son moi marchosos e metémonos en fariña.  Fixemos dúas galletas, unha de Maruxa e outra de Pepiño. Amasamos todo o ben que poidemos, aínda que se nos foi a man botando o sucre!  As facianas dos personaxes fixémolas como soubemos. 

Somos pequenos para estas argalladas, pero o importante non é o resultado; senón que fomos moi felices facendo galletas e pensando en compartilas coa nosa familia. Daquela, obxectivo cumplido! Dentro de moitos anos seremos de certo os mellores cociñeiros e pasteleiros!


domingo, 5 de xuño de 2022

RECEITAS EN FAMILIA. QUICHÉ

Lois de 3 anos aproveitou a fin de semana para cociñar un riquísimo prato: Quiché de xamón, cogomelos e cabaciña. Que cociñeiro tan estupendo!










venres, 27 de decembro de 2019

GALLETAS DE NADAL NA CLASE DE 6º

Outra parte importante do  noso PDI ("Dándolle a volta ao planeta") vai ser a cociña, en especial, as especias que foron as verdadeiras inspiradoras desta viaxe que acabou sendo a primeira circunnavegación do planeta. 
As especias da Volta ao Mundo foron protagonistas neste nadal na aula de 6º A onde uns bós cociñeiros e cociñeiras, acompañados dunha estupenda chef prepararon (e traballaron moito a tódolos niveis) unhas riquísimas galletas de Nadal feitas con estes ingredientes tan "especiais". 
 Os nenos e nenas de 6º xa  sabían deste futuro protagonismo (foron eles quen pescudaron na historia da viaxe), pero non podían agardar a que os mouchiños fixesen as súas peticións. É que  O  Nadal enseguidiña remata e despois as cousas xa non saben igual... Bueno, saber non sabemos como souberon (porque non nos deron a probar), pero o arrecedendo da mestura de especias non debía ser moi agradable, a xulgar pola cara que poñen algunhas na foto. Teremos que afacernos porque  neste trimestre imos falar (e cociñar) moito deste tema. Mentres ollade as fotos neste vencello.

ACTIVIDADE GALLETAS DE NADAL