Amosando publicacións coa etiqueta COLABORACIÓN FAMILIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COLABORACIÓN FAMILIAS. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de marzo de 2025

Obradoiro de entroido coas familias na aula de 3ºEP

Xa pasado o entroido e tras ver as caras de sorpresa das nosas familias tras tal desfile de METEOROS... É hora de que agradezamos a enorme axuda que tivemos en 3ºEP! 

Grazas mamás, papás e avoas por acompañarnos nunha tarde de traballo e diversión entre teas, tesoiras e papeis!

Foi un ratiño estupendo e un gusto preparar as pezas do noso disfrace con vós! A ver se voltades pronto a nosa aula!

Aquí deixamos un pequeno vídeo que recolle eses momentos de axuda e colaboración !









sábado, 13 de maio de 2023

O NOSO MAIO

 Os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 participamos na celebración das festas de primavera tradicionais elaborando coa axuda das familias o noso propio maio. O primeiro día que recibimos aportacións florais non había xestas abondo para "forrar" a estrutura; daquela aproveitamos a facer un mandala floral. Xa o fixeramos o curso pasado e os de 4 queriamos amosarlles os cativos de 3 como se facía.  Quedounos moi aqueladiño e xa que estabamos fóra aproveitamos a plantar unhas  leitugas!




 Días despois, en dúas mañás consecutivas achegámonos á entrada do noso cole para  colocar na estrutura as xestas, os fiunchos, fentos e flores diferentes que trouxéramos da casa. Foron dúas mañás gozando da natureza e aproveitando os recursos naturais para desenvolver a nosa arte e recuperar tradicións. Despois bailamos e cantamos a corro arredor do noso maio. Pasámolo moi ben.

Mágoa que o tempo non acompañou e a chuvia deses primeiros días de maio fixo que non poidesemos traer tanto material vexetal coma outros anos. Non houbo problema! Fomos quen de facer un maio estupendo!



luns, 13 de xuño de 2022

VOLCÁN EN FAMILIA

 Biba e a súa familia desfrutaron moito probando o experimento do volcán. Sinxelo e espectacular!.

Graciñas, científicas!



domingo, 5 de xuño de 2022

RECEITAS EN FAMILIA. QUICHÉ

Lois de 3 anos aproveitou a fin de semana para cociñar un riquísimo prato: Quiché de xamón, cogomelos e cabaciña. Que cociñeiro tan estupendo!










sábado, 28 de maio de 2022

UN NOVO MAIO EN FAMILIA

Biba da aula de 3 anos envíanos un novo maio feito na casa. Que bonito quedou! Que ben que sigades participando e recuperando tradicións!



mércores, 11 de maio de 2022

OS XOGUETES DOS AVÓS...SIENNA E ALANA

 Sienna e Alana (2º de primaria e 3 anos) participan na recollida de xoguetes tradicionais e con reciclaxe construindo un tiracroios ou tiratacos; un xoguete de sempre. Aquí nolo amosan. Que ben o fixestes, grazas!



martes, 10 de maio de 2022

UN MAIO E UN CADRO... DE ABRIL E JULIÁN

 Abril (5 anos) e Julián (3º de primaria) festexan a primavera co seu estupendo maio e ademais atrévense cun  superreto artístico...recrean un cadro de Laxeiro. Que ben! 




luns, 9 de maio de 2022

O MAIO DE LOIS

 A Lois encántanlle os dinosaurios. Cando decidiu facer o maio na casa tíñao claro: quería facer un dinosaurio. Así xurdiu unha nova especie. Que nome lle imos por? Apuntarémolo na listaxe de dinos!






xoves, 5 de maio de 2022

HÉCTOR E AS FILLOAS

 Héctor de 1º súmase as actividades compartidas polas familias participando na feitura de receitas. El atreveuse coas filloas. Mirade que boa pinta teñen, aínda que nos falta a proba!!! Vas ser un estupendo cociñeiro, Héctor! 





luns, 2 de maio de 2022

O CONTO FAVORITO DE...

 Sienna e Alana tamén comparten e len o seu conto favorito OS FANTASMAS NON PETAN NA PORTA.

Un conto estupendo! Bravo por elas!







O MAIO DE SIENNA E ALANA

 Alana e Sienna  (3 anos e 2º de primaria) pasaron unha estupenda tarde facendo este precioso maio. Con ollos e sombreiro!!! Parabéns!




COMEZAN A CHEGAR OS MAIOS DAS FAMILIAS

 Xián e Noa (3º de primaria e 5 anos) son os primeiros en achegarnos a foto do seu maio. Que ben comezaron o mes cumplindo coa tradición! Parabéns!





martes, 8 de marzo de 2022

TROULA EN 4 ANOS

 Xa estamos preparados para vos ensinar as fotos dos nenos de 4 anos que quedaron esquecidas no cole. Como vedes cupliron moi ben os mandados de gadoupa tola!!

















luns, 14 de febreiro de 2022

SEMANA DA TROULA

 O Entroido e maila Troula xa veñen aí e para que non perdamo-lo tren da festa imos anunciando xa quen é o noso Meco2022 e que temos que traer ao cole na Semana da Troula. Lembrade que será na semana do luns 21 de febreiro ata o venres 25 de febreiro...Troula e festa rachada!!!

DESCARGA AQUÍ O PDF COS MANDADOS

martes, 18 de maio de 2021

OS MAIOS, TAMÉN NAS LETRAS GALEGAS

 Lara (1º de primaria) e Claudia (4º de primaria) pasaron a xornada das Letras Galegas recollendo flores e construindo o seu propio maio. Pasárono fenomenal. Estupendo!












luns, 17 de maio de 2021

LENDO A XELA DENDE CASA

 Paula de 4º de Primaria envía dende casa  a súa lectura dun conto de Gianni Rodari traducido por Xela Arias.

A LECTURA DE PAULA

venres, 14 de maio de 2021

UN NOVO MAIO

 Julia de 5 anos e a súa familia desfrutaron moito facendo este maio. Flores e fiunchos...un festival de cheiros!



domingo, 9 de maio de 2021

O MAIO DE XIÁN

Xián de 5 anos e o seu pai construiron xuntos este estupendo maio. Que ben manter as tradicións e facelo en familia!


ADA E NOA LEN CON XELA ARIAS

 Ada (2º de primaria), Noa (4º de primaria) e o seu pai len as bruxas de  Roald Dahl traducido por Xela Arias, autora homenaxeada nesta vindeira celebración do Día das Letras Galegas. 



OS MAIOS DE NOA E ADA

 Noa (4º de primaria) e Ada (2º de primaria) celebraron os maios descubríndo nun saudábel paseo polo monte as herbas e arbustos protagonistas desta festa. Ademáis de desfrutar coa lectura  e a música do poema  "Aí ven o maio" de Curros Enríquez ,que sempre ven á nosa memoria nestas datas. Como elas mesmas contan...

"... desfrutamos dun fermoso paseo polo monte. Apañamos xestas,  pendurámolas do noso coche para afastar o mal de ollo e os meigallos e traer bonanza nestes tempos.

No paseo polo monte coñecimos as herbas do Maio, recollemos pampillos, fiunchos, anises e fixemos un fermoso xarrón para a nosa casa."

 O xarrón e as descobertas do seu paseo tédelas neste collage que fixeron. Ademáis pintaron uns estupendos maios con acuarela.


O MAIO DE ADA

O MAIO DE NOA