Amosando publicacións coa etiqueta xornal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornal. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de xuño de 2024

XORNAL DON MOUCHO 2024

 Un curso máis presentamos o noso xornal Don moucho con relatos variados das distintas experiencias deste curso que está a piques de rematar.



luns, 19 de xuño de 2023

XORNAL DON MOUCHO 2023

 Aquí o tedes recén saído do prelo





domingo, 19 de xuño de 2022

XORNAL DON MOUCHO

Disfrutádeo!

                                                           XORNAL DON MOUCHO 2022 

martes, 22 de xuño de 2021

XORNAL DON MOUCHO

 Podedes ver aquí unha nova edición do noso Xornal Don Moucho. Este curso non o editamos en papel por mor das normas do protocolo covid.

XORNAL DON MOUCHO EDICIÓN 2021

xoves, 18 de decembro de 2014

DON MOUCHO NADAL 2014

DON MOUCHO NADAL 2014

Queridas familias,


Como cada nadal, queremos facervos chegar o noso xornal escolar Don Moucho.
Agardamos que disfrutedes da súa lectura de xeito compartido nos fogares.
Agora que xa todos tendes na casa a edición en papel deixámosvos aquí a versión dixital a toda cor.
Saúdos e boas festas!

http://www.joomag.com/magazine/don-moucho-nadal-2014/0475805001418830746

martes, 24 de xuño de 2014

DON MOUCHO XUÑO 2014

Queridas familias,

Un ano máis rematamos o curso coa publicación dunha nova edición do xornal escolar "Don Moucho".

Sempre é custoso escoller entre todas as actividades que se foron facendo ao longo do curso e plasmar iso en dúas páxinas... Sorte que temos os blogues do colexio (da biblioteca: A GUIEIRA, de normalización: FONTE DOS FRADES, de infantil: FOLLAS DE MOREIRA...) na que podedes ir vendo todos os traballos que fumos facendo ao longo do curso.

Pero no queremos perder este lindo costume de convertirnos en pequenos xornalistas de cando en vez e publicar as nosas reportaxes!

Así que tendo en conta que como todos os anos, os presupostos non son suficientes para poder mandarvos exemplares con cor... deixámosvos a mostra do xornal oficial aqui para que a disfrutedes!
(Sentimos non poder ofrecer mellor calidade en certas imaxes e fotografías, pero era imposible publicar na web o documento coa calidade óptima...)



Dende o CEIP Párroco don Camilo desexámosvos a tod@s unhas felices vacacións de verán!

Parabéns a tod@s  polo voso esforzo e traballo!



domingo, 12 de xaneiro de 2014

XORNAL DON MOUCHO NADAL2013

Nova edición de don Moucho, Nadal 2013!

Perdoade a espera, tivemos algún contratempo... novas tecnoloxías!

Espero que disfrutedes da lectura en familia.



mércores, 26 de xuño de 2013

DON MOUCHO xuño 2013


Queridos nen@s e pais, Como ben sabedes o curso rematou, aínda que este ano custou pensar que estabamos en xuño con tanta choiva....

Pero por fin, podemos dicir alto e claro que: Si, xa chegou o verán e o SOL!

Dende o equipo de Normalización Lingüística non podiamos pechar este curso sen antes publicar o "DON MOUCHO" de xuño.

Como sempre, todas as clases mostran un gran esforzo na producción deste xornal que, como veredes a continuación, parece outro cando lle devolvemos todas as súas cores!

 Todos os membros do claustro desexámosvos a tod@s un feliz verán!


(Clicade na imaxe para ampliar)

sábado, 30 de xuño de 2012

BOAS VACACIÓNS

Pois sen darnos case conta,xa rematou outro curso.Xa chegaron as vacacións e xa o cole queda en silencio.Pero para lembrarnos de todo o traballado,aprendido,vivido,experimentado...aquí vos deixamos o noso xornal Don Moucho.
Moitas gracias a todos polo voso traballo e colaboración.Pasade unha boas vacacións e nos vemos en setembro.

luns, 9 de xaneiro de 2012

NOVA EDICIÓN DE DON MOUCHO

Un ano mais polo Nadal achegouse Don Moucho para amosarvos algunhas das cousas que fixemos e para desexarvos a todos felices festas e un bó ano 2012. Tivemos algún pequeno problema técnico que non nos permitiu subir esta publicación durante as vacacións, pero por fin cun pouquiño de retraso podemos ofrecérvola, ainda que xa a tíñades na casa dende o pasado mes de nadal.


venres, 24 de xuño de 2011

don moucho 2011



  Aquí chega a nova edición do noso xornal recién saído do forno.  Esperamos que vos guste moito, moito.



luns, 20 de decembro de 2010

NOVA EDICIÓN DE DON MOUCHO

Aquí vos deixamos a nova edición do xornal Don Moucho. 
 Esperamos que sexa do voso interese.