venres, 19 de xuño de 2026
FESTIVAL
Enchemos de colorido, música, presentacións e despedida dos alumnos maiores un día que nos acompañou co bo tempo. Participou todo o alumnado poñendo cada un o mellor de si mesmo para agradar ás familias que gustosamente viñeron a vernos , creando así unha nova xornada de convivencia no centro, entrando posteriormente a visitar os corredores transformados nun gran museo Gaudí , froito do noso traballo ao longo do curso.
venres, 17 de maio de 2024
17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Daquela no cole estamos a desenvolver moitas actividades arredor da súa persoa: actividades documentais, obra literaria, música do seu violín e da súa poesía, lectura de textos, paisaxes e bosques da súa vida,... Creamos e falamos en galego coa axuda dos materiais que nos ofrecen dende outros centros e mais dos propios que temos elaborado nós. O traballo está en marcha. Imos seguir neste camiño durante todo o mes, pero celebramos este día achegándovos algúns petiscos do que se coce nas aulas.
Carteis sobre Luísa Villalta
Lemos e observamos algúns intres da súa traxextoria vital e literaria.
A palabra do día
Día tras día Luísa vainos agasallando cunha verba especial. Con ela aprendemos a lingua, observamos, matinamos nas nosas experiencias arredor dela, debuxamos, pescudamos, facemos traballo de campo,... A súa teima, o noso PDI. Os pequenos de infantil de 5 e os de 1º, os que máis gozan, con esta chuvia lingúística.
xoves, 9 de maio de 2024
A PALABRA DO DÍA E O TRABALLO DE CAMPO
Na aula de 5 anos andamos sempre a mesturar todo. Non sabemos mira-las cousas dende un só punto de vista. Cando coñecemos que a palabra do día era mexacán... (como? mexa...que? Ah, dente de león! ) xa nos emocionamos. Esa flor xa existía canda os dinosaurios! (teima na que tamén estamos metidos). Fixemos a nosa ficha coa palabra e quixemos saber mais. Na foto vimos a flor amarela e a flor de soplar. Son dúas diferentes! Noon, xa averiguamos que é a mesma e pasa con diversos cambios de flor a semente.
venres, 1 de marzo de 2024
ELAS FAN TIC.
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA E DÍA DA MULLER
O venres 1 de marzo os alumnos/as de 5º e 6º de primaria visitamos a escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) para participar no obradoiro "Elas fan Tic", unha nova actividade para fomentar novas vocacións tecnolóxicas dos nenos e axudar a reducir a brecha dixital de xénero.
Neste obradoiro de iniciación á robótica de hora e media de duración, equipos de 2 e 3 escolares montaron un pequeno robot (CuteBot) e programárono para superar un reto; tarefa na que contaron coa axuda dun equipo de alumnos e alumnas da escola.
O obxectivo desta actividade tan interesante é animar as nenas e rapazas a orientar os seus estudos e profesións ao campo das carreiras tecnolóxicas.
sábado, 23 de decembro de 2023
XA CHEGOU A FIN DE ANO
Non, non toleades! No primeiro ciclo de primaria rematamos o xoves celebrando o fin de ano. 12 gusanitos, os cuartos, as 12 "campanadas" e confeti e xa tivemos a festa armada! Feliz 2024!
A VISITA DE PAPÁ NOEL
Despois dunha mañá de moitos nervios tódolos nenos e nenas do cole conseguiron achegarse a Papá Noel e facer as sús peticións.. Primeiro houbo que decirlle que nos portamos moi ben neste ano, aínda que iso el xa o sabía!
INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
NADAL EN ARTS
Chega o Nadal e os rapaces do Párroco seguen a traballar un montón.
sábado, 2 de decembro de 2023
DECORACIÓN DE NADAL E RETO "REUTILIZAMOS" COAS FAMILIAS
martes, 17 de outubro de 2023
VELAÍ VÉN O SAMAÍN
Como é tradicional na nosa celebración desta data sinalada, unha das actividades do Samaín é a exposición de cabazas coa participación das familias. Este curso adicado ás árbores e ós bosques o lema da exposición é "Cabazas no bosque. Que medo!". Daquela invitámosvos un ano máis a que tiredes do voso maxín e decoredes unha cabaza en familia. Despois toca achegar ó cole a vosa creación que formará parte da decoración dos corredores. Léde o anuncio e poñédevos xa ó choio!!.
Agardamos as vosas cabazas! Se o desexades, podedes participar tamén enviando as vosas fotos ao correo parrococamilo@gmail.com.
luns, 16 de outubro de 2023
DÍA DAS ESCRITORAS 2023
Adoita ser a primeira efeméride do curso e rende homenaxe ás letras en galego e en feminino. Un ano máis sumámonos á celebración mundial do Día das escritoras engadindo dous nomes máis á nosa listaxe de contadoras de contos. Na biblio temos xa un andel adicado á Ánxeles Ferrer e mais á Irene Pérez Pintos, autoras e ilustradora, a primeira, de moitos dos contos que gozamos curso a curso. De certo que nesta nova andaina tamén imos botar man delas!
sábado, 6 de maio de 2023
FACENDO BOSQUE NO DÍA DA ÁRBORE
En infantil tamén celebramos o Día da árbore facendo bosque e horta froiteira. Unha actividade que abrangue dende marzo ata final de curso con plantacións sucesivas e o coidado, no cole e na casa, de todo o que imos sementando e plantando. O noso castiñeiro, as maceiras e chíbilis de 4 e 5 e os aguacates de 3 ensínannos de primeira man a importancia de coidar as sementes e plantalas para ter unha alimentación de calidade no futuro, ademais doutros moitos beneficios para o planeta.


































.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)















