Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de febreiro de 2026

“ConVIVINDO” NO CEIP PÁRRROCO DON CAMILO

 

“ConVIVINDO” NO CEIP PÁRRROCO DON CAMILO

 

O pasado venres visitounos no cole “VIVINDO”. Trátase dun obradoiro impartido por Apamp “Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade” que aborda contidos relacionados coa inclusión, a diversidade e a convivencia, encadrado dentro do Proxecto ConVIVINDO. 

O alumnado de educación infantil participou nas actividades propostas coa compaña de “Vivindo” e a música de María Fumaça.

Que ledicia, pintando e bailando todos xuntos!









venres, 19 de decembro de 2025

BADALADAS E BAILE

Chegou o último día de curso deste primeiro trimestre!

Unha xornada na que entregamos as nosas cartas cos nosos desexos e agasallos.

Unha visita moi especial e chea de maxia... Papá Noel chegado dende o Polo Norte cun agasallo moi chulo!


Un delicioso chocolate quente con galletas organizado pola nosa querida ANPA.



E, por último, quixemos pechar o 2025 festexando todos xuntos un pre-fin de ano moi divertido, coas tradicionais badaladas e festa rachada!






xoves, 18 de decembro de 2025

CALENDARIO DE ADVENTO "ANTIACOSO"

Durante os días de decembro, foron aparecendo na aula de 4º uns agasallos que configuraban un calendario de advento moi especial. Cada día traía consigo unha cita, unha pregunta ou unha pequena reflexión sobre a maneira de relacionarnos, a inclusión, o respecto, a solidaridade... 

Pensamos e debatimos cada un dos agasallos atopados, facendo desta clase un lugar seguro e cómodo para todos e todas. 



xoves, 6 de novembro de 2025

PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS - SOMOS NÓS MESMOS, FORTES E ÚNICOS

O alumnado de 4º terminamos onte as nosas sesións con Rocío, coa que compartimos 4 obradoiros sobre prevención de adiccións. Ela compartiu con nós algunhas FERRAMENTAS para poder tomar decisións que nos fagan sentir ben e que sexan boas para nós.

Nun primeiro obradoiro, tras unha choiva de ideas sobre o que é unha adicción e aclarar este concepto con cousas que xa sabiamos, centrámonos en intentar ser como somos, evitando que os demais teñan unha gran influencia ou poidan forzarnos a que fagamos cousas que non queremos.

Rocío púxonos o conto de "YO SOY" que compartimos con vós, pois ademais de gustarnos pensamos que é moi interesante. Fixemos un coloquio e reflexionamos sobre as etiquetas coas que cargamos cada un de nós.

Yo soy – Cuentos Que Contar

No segundo obradoiro, descubrimos que é imprescindible comunicar o que pensamos e sentimos e tamén sobre dicir NON, pero non vale de calquera maneira. Temos que falar en calma de forma ASERTIVA. Estivemos facendo uns xogos de rol para poñer isto en práctica. Na terceira sesión continuamos a practicar a comunicación facendo uns murais EN EQUIPO.

Para pechar estes obradoiros, na cuarta sesión elaboramos cadanseu diario sobre o que somos, o que valoramos en nós, polo que estamos orgullosos e que podemos mellorar ou cambiar

Traballar a autoestima, quererse e valorarse, é fundamental para ser e para tomar boas decisións, que nos fagan sentir cómodos.


Grazas a Rocío pola súa cercanía e as súas palabras máxicas para mellorar a convivencia e o respecto neste mundo!

luns, 16 de xuño de 2025

O NOSO EMOCIONARIO

Sabemos que o mundo das emocións é algo complicado... sentimos moito e non sempre sabemos recoñecer o que nos pasa e atopar unha forma de regularnos. Por esta razón, o alumnado do segundo ciclo de primaria pasou todo o curso creando o seu EMOCIONARIO. 

Un emocionario persoal no que recolle como vive cada emoción e o que necesita en cada momento. Cada un de nós somos diferentes e debemos coñecernos moi ben para atopar o noso benestar en diferentes situacións...



Como clausura do proxecto, estivemos xogando co xogo "O monstro de cores".











xoves, 22 de maio de 2025

La fábrica de etiquetas

 Os nenos de 2º de primaria descubriron o conto "La fábrica de etiquetas", e así, poideron sacar fóra todas aquelas palabras referidas a eles que tanto lles molestan, e racharon todas! Que mellor forma de sentar as bases emocionais, que falando dos nosos medos...


 

 

 

domingo, 26 de xaneiro de 2025

CARTAS SOLIDARIAS TRAS A DINA DE VALENCIA - 3ºEP

O pasado outubro, o país enteiro conmoveuse despois de escoitar o acontecido nalgúns municipios de Valencia tras o paso da DINA. 

Fronte esta situación, unha profesora da Comunidade Valenciana pensou que nenos e nenas ían precisar axuda emocional ao longo dos próximos meses. Por esta razón, puxo en marcha o proxecto "Cartas solidarias", que consiste en establecer un vínculo a través de cartas, debuxos... entre un cole afectado e outro non afectado.

O grupo de 3º EP enviou cartas e debuxos con palabras de ánimo e cariño ao alumnado do cole CEIP San Blas (Albal, Valencia).

Esperamos que as nosas palabras axuden e reconforten e que estas cartas sexan as primeiras doutras moitas!












xoves, 16 de maio de 2024

INCLÚETE. DIA DA FAMILIA EN INFANTIL

 A familia é moi importante para o noso benestar e felicidade e tamén ten o seu día de celebración, o 15 de maio. Os cativos de infantil quixeron agasallar ás súas cun pequeno traballiño. Todo comezou na aula de psicomotricidade, onde compuxeron as letras da palabra familia cos seus corpos. Estas letras tan especiais serviron de base para adornar un precioso cartel que con moita ledicia levaron para a casa. Acompañaron este traballo cun poema da poetisa portuguesa Maria Rosario Macedo, no que  fala da importancia deste vencello cos nosos.





Os nenos e nenas de 5 aproveitaron para facer os seus propios deseños reciclando cartón e aproveitando sobrantes doutros traballos. Reto#reciclamos







luns, 6 de maio de 2024

SEMENTAMOS NA HORTA

 Despois da chuvia aproveitamos o soliño deste comezo de semana para sementar leitugas e tomates, que tiñamos agardando que o tempo mellorase. Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos fomos pasando pola horta a poñer en práctica as nosas habilidades de agricultores. Agora temos que coidalos ata conseguir degustar unha rica ensalada! Xa vos contaremos!








domingo, 5 de maio de 2024

ARTE CON FLORES EN 4 ANOS

 Os nenos e nenas de 4 fixeron con elementos naturais uns preciosos cadros de primavera. Un xeito emocionante de achegarnos ó noso medio.








mércores, 1 de maio de 2024

MAIO, MAIO, RENOVANDO AS TRADICIÓNS

 


Xa están aquí os maios de novo e un ano máis invitámosvos a procurar material vexetal e facer o voso maio na casa.  Procurade flores,  fiunchos, herbas, fentos, xestas, froitas e pólas nos vosos paseos, en canto a chuvia nos deixe e animádevos! Podemos construir un maio sinxelo e colares de pampillos. Recuperemos e manteñamos viva esta tradición tan nosa que nos pon en contacto coa natureza facendo do natural tamén arte. E se aproveitades este día ou a fin de semana para ver os maios que fan en distintos puntos da nosa contorna e xeografia galega non dubidedes en mandar tamén unha foto!.

 Enviádenos as fotos ao noso correo parrococamilo@gmail.  
Podedes lembrar esta tradición volvendo a ler esta páxina.

Mirade tamén na etiqueta "celebración maios" tódolos maios feitos polas familias e aulas nos pasados cursos. AQUÍ

Nalgunhas aulas faremos tamén o noso maio e  bailaremos e cantaremos arredor del!.

domingo, 28 de abril de 2024

VISITA AO ARBORETUM FUNDACIÓN SALES

 O pasado venres os nenos e nenas de infantil e primeiro gozamos dunha fermosa experiencia nos xardíns da fundación Sales, no arboretum. Durante varias horas puidemos observar árbores, plantas e algúns animais nunha contorna harmoniosa e dunha gran beleza. Escoitamos as explicacións que nos deron sobre as distintas especies, demostramos o que nós xa temos aprendido no noso PDI, tocamos as distintas texturas das plantas, gozamos coas especies acuáticas, xogamos nun bosque de bambúes e puidemos decorar unha maceta biodegradable e plantar a nosa propia leituga.

Foi outro xeito de gozar do bosque e mailos seres vivos e seguir concienciándonos da súa importancia para a vida e para a nosa felicidade. Moitas grazas ás monitoras que nos acompañaron e nos amosaron unha chea de marabillas!



xoves, 25 de abril de 2024

CONTOS DE HORTA E DE XARDÍN

 Un anuncio da biblioteca na procura de lectores para o obradoiro "Hoxe le...",  que nos fagan gozar do xardín nos días soleados e nos acheguen historias relacionadas coa horta e o xardín e os coidados do medio natural está convertindo á hora de ler nun tempo de lectura no que o noso patio-bosque é protagonista e espazo lector. Xa temos un mundo de nenas e nenos preparando as súas lecturas e agardando a súa quenda. A horta de Simón e o Carballo con botas foron os primeiros libros lidos a semana pasada e esta, na que celebramos o día do libro. Primeiro foron os nenos de 4 anos os lectores e os de 4º como público. Hoxe as lectoras Zoe e Carla de 3º leron para infantil de 3 e 5 O carballo con botas e crearon conciencia.












martes, 16 de abril de 2024

VISITA MUSICAL DE 5º E 6º AO MUSEO QUIÑONES DE LEÓN

 

O martes 16 de abril, os alumnos de 5º e 6º de educación primaria gozamos dun concerto ofrecido polos mestres/as da Escola Municipal de Música de Vigo.

Presentaron o concerto con diferentes xéneros musicais e, ao mesmo tempo, ían narrando historias, misterios e curiosidades do Pazo Quiñones de León.




mércores, 10 de abril de 2024

5ºE 6º NOS MONTES DE COMESAÑA. Charla e plantación

Hai algunhas semanas os nenos e nenas de 5º e 6º aprenderon moitas cousas sobre os montes de Comesaña e sobre a importancia da reforestación nunha charla organizada pola comunidade de montes na escola. Despois puxeron tamén mans á obra subindo ao monte e practicando o aprendido. Plantaron varias especies autóctonas, Secuoia vermella, araucaria e almez, para seguir facendo medrar os bosques da nosa contorna e enchelos de biodiversidade. Foi unha estupenda actividade de concienciación sobre os coidados que temos que dar aos nosos montes e as esperanzas de recuperación tralos lumes.
 

 


luns, 8 de abril de 2024

Intercambio de cartas A Guarda (3ºEP) - Vigo (4ºEP)

Esta mañá chegou un sobre cun contido moi especial á aula de 4º EP 📮💌📭 

Nenos e nenas do CEIP As Solanas, un cole de A Guarda, escribíronnos unhas cartas contándonos cousas da súa localidade. Foi unha sorpresa moi bonita recibir estas cartas, fíxonos moita ilusión 🥰🥰 

Aproveitamos o que nos contaban sobre as súas praias e os seus montes para coñecer a Terra da Desembocadura do Miño. Investigamos e buscamos información e imaxes dos seus sitios favoritos. 

Agora tócanos a nós escribir e falarlles do noso cole e da nosa vila. 📝✉️📮