Xa están aquí os maios de novo e un ano máis invitámosvos a procurar material vexetal e facer o voso maio na casa. Procurade flores, fiunchos, herbas, fentos, xestas, froitas e pólas nos vosos paseos, en canto a chuvia nos deixe e animádevos! Podemos construir un maio sinxelo e colares de pampillos. Recuperemos e manteñamos viva esta tradición tan nosa que nos pon en contacto coa natureza facendo do natural tamén arte. E se aproveitades este día ou a fin de semana para ver os maios que fan en distintos puntos da nosa contorna e xeografia galega non dubidedes en mandar tamén unha foto!.
Enviádenos as fotos ao noso correo parrococamilo@gmail.
Podedes lembrar esta tradición volvendo a ler
esta páxina.
Mirade tamén na etiqueta "celebración maios" tódolos maios feitos polas familias e aulas nos pasados cursos.
AQUÍNalgunhas aulas faremos tamén o noso maio e bailaremos e cantaremos arredor del!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario