domingo, 28 de abril de 2024

VISITA AO ARBORETUM FUNDACIÓN SALES

 O pasado venres os nenos e nenas de infantil e primeiro gozamos dunha fermosa experiencia nos xardíns da fundación Sales, no arboretum. Durante varias horas puidemos observar árbores, plantas e algúns animais nunha contorna harmoniosa e dunha gran beleza. Escoitamos as explicacións que nos deron sobre as distintas especies, demostramos o que nós xa temos aprendido no noso PDI, tocamos as distintas texturas das plantas, gozamos coas especies acuáticas, xogamos nun bosque de bambúes e puidemos decorar unha maceta biodegradable e plantar a nosa propia leituga.

Foi outro xeito de gozar do bosque e mailos seres vivos e seguir concienciándonos da súa importancia para a vida e para a nosa felicidade. Moitas grazas ás monitoras que nos acompañaron e nos amosaron unha chea de marabillas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario