Dentro do traballo do marmeleiro os nenos e nenas de 3º traballaron sobre 5 tipos distintos de textos. Poemas e prensa nas celebracións correspondentes. Receitas para gozar da froita e coidar a saúde e uns estupendos anuncios sacudindo a nosa conciencia. Non quixeron deixar de probar a banda deseñada neste curso no que o lema da BE estaba centrado neste texto literario.
domingo, 30 de xuño de 2024
OBRADOIRO DE ESCRITA DENTRO DO PDI
LIBROS DE PAXAROS E PLANTAS
Un dos traballos previstos no PDI era compoñer un herbario e un libro ilustrado de plantas. Ao longo das estacións fomos recollendo e amoreando un mundo de follas, froitos, sementes de árbores diversas para clasificalas e falar das súas diferencias. Algunhas follas secámolas para os nosos traballos, pero a maioría pasaron o curso nas diferentes mesas de estacións das aulas. Aproveitando as palabras de Luísa Villalta, os nenos e nenas de 5 anos compuxeron cadanseu caderniño de aves e de plantas e herbas, as mesmas que estiveron a observar e traballar durante todo o ano.
domingo, 23 de xuño de 2024
SAN XOAN E AS SÚAS HERBAS
![]() |
| imaxe tomada da web a movida.gal |
Dentro do PDI deste curso houbo unha parte importante adicada ás herbas e flores. Foron moitas as que procuramos e observamos nas nosas andainas polo patio-xardín do cole cos nosos cadernos de campo e as nosas lupas. Dentro das actividades de Letras Galegas foi Luísa Villalta (ela"imaxinariamente") quen nos trouxo un mundo de herbas, plantas e flores da fraga galega que tivemos que debuxar, colorear e aprender o seu nome na nosa lingua, ademais de moito traballo científico-natural e matemático arredor das mesmas. Entre elas estaban 5 das herbas de San Xoan. Só faltaron o romeu e a propia Herba de San Xoán.
Hoxe noite máxica de San Xoan chea de cacharelas e tradicións en Galicia non deixemos de sair ó monte, apañar as herbas e deixalas toda a noite ó fresco. Esa auga vai ser moi importante todo o ano. Hai que espantá-las meigas! Non coñecede-las herbas? Pois atendendede ós debuxos de infantil e primeiro. So vos quedaría localizar as outras dúas.
venres, 21 de xuño de 2024
NOVO CONTACONTOS NA HORA DE LER
Unha vez máis a chuvia chafou os nosos plans de gozar da lectura no exterior. Estes derradeiros días de curso os animados contacontos do recreo esfórzanse en le-los seus contos a distintas aulas. Medelyn de 4º leu o pasado luns Animais de compañía ós cativos de 1º.
mércores, 19 de xuño de 2024
A PALABRA DO DÍA
Comezaba o mes de maio cando da man de Luísa Villalta comezabamos co agasallo dunha palabra diaria na nosa lingua galega. Tódalas palabras tiñan relación co noso PDI e ata o 14 de Xuño os nenos de 1º e 5 anos estivemos lendo, escribindo, debuxando, coloreando e aprendendo no patio e na internet arredor destas verbas do bosque, da horta e do xardín. Entre elas coáronse, paxaros, insectos, organismos, herbas, produtos da horta, plantas, flores,...Non puideron faltar a súa cita algunhas das herbas de San Xoan. A derradeira palabra foi unha homenaxe á autora das Letras Galegas. Adiviñades...? Sí, herba Luísa.
martes, 18 de xuño de 2024
O BOSQUE DAS FADAS
Érase unha vez un bosque no que vivían unhas fermosas fadas. Cada unha tiña unha casiña e pola ventá podía axexar, ulir e escoitar toda a beleza que as arrodeaban. Nós, que somos aire e somos bosque, e formamos parte deste noso fermoso bosque, tamén axexamos, ulimos e escoitamos dende as nosas xanelas.
O proxecto colorista que tiñamos para rematar o curso enchendo o xardin de fadas e casiñas non puido sair adiante. A chuvia non nos deu tempo a montar todo. Aqui deixamos algunhas das casiñas feitas. Seica a principio de curso podemos facer unhas novas e encher o xardín de maxia!
mércores, 12 de xuño de 2024
XORNAL DON MOUCHO 2024
Un curso máis presentamos o noso xornal Don moucho con relatos variados das distintas experiencias deste curso que está a piques de rematar.
sábado, 1 de xuño de 2024
A RADIO NO NOSO PDI
Ademais do programa que os pequenos de 4 e 5 gravaron no 1º trimestre dentro do reto #divulgamos, os rapaces e rapazas de 5º de primaria foron á radio a explicar moitas das cousas que están aprendendo.
Eles mesmos deseñaron os programas e achégaronnos en lingua galega os contidos traballados e a importancia dos bosques e dos nosos hábitos para o medio ambiente.
Noraboa a estes cativos e cativas!
xoves, 9 de maio de 2024
A PALABRA DO DÍA E O TRABALLO DE CAMPO
Na aula de 5 anos andamos sempre a mesturar todo. Non sabemos mira-las cousas dende un só punto de vista. Cando coñecemos que a palabra do día era mexacán... (como? mexa...que? Ah, dente de león! ) xa nos emocionamos. Esa flor xa existía canda os dinosaurios! (teima na que tamén estamos metidos). Fixemos a nosa ficha coa palabra e quixemos saber mais. Na foto vimos a flor amarela e a flor de soplar. Son dúas diferentes! Noon, xa averiguamos que é a mesma e pasa con diversos cambios de flor a semente.





















































