Na aula de 5 anos andamos sempre a mesturar todo. Non sabemos mira-las cousas dende un só punto de vista. Cando coñecemos que a palabra do día era mexacán... (como? mexa...que? Ah, dente de león! ) xa nos emocionamos. Esa flor xa existía canda os dinosaurios! (teima na que tamén estamos metidos). Fixemos a nosa ficha coa palabra e quixemos saber mais. Na foto vimos a flor amarela e a flor de soplar. Son dúas diferentes! Noon, xa averiguamos que é a mesma e pasa con diversos cambios de flor a semente.
Coma no cole temos moitas flores, quixemos rematar a mañá facendo un estudo de campo. Queriamos averiguar cantas de cada clase atopabamos no patio. Un mundo! Descubrimos que nos faltaba unha categoría por contar, a do momento no que xa non está a flor pero tampouco a semente. Terémola que engadir na nosa folla de rexistro.!
Ningún comentario:
Publicar un comentario