Coma sempre dicimos, o Día das nosas Letras non pode quedar aí. Nós imos dando pasiños ao longo de todo o ano coas nosas actividades e lecturas en lingua galega. No mes de maio este traballo medra un pouquiño máis ó poñer a nosa atención na escritora/escritor que cada ano é homenaxeada. Este curso temos unha impresionante persoa, Luísa Villalta, que pouco a pouco imos descubrindo: poeta, escritora de textos moi diversos, docente, música e, por riba de todo, faladora activa no galego. Luísa Villalta ten que ser o noso modelo!.
Daquela no cole estamos a desenvolver moitas actividades arredor da súa persoa: actividades documentais, obra literaria, música do seu violín e da súa poesía, lectura de textos, paisaxes e bosques da súa vida,... Creamos e falamos en galego coa axuda dos materiais que nos ofrecen dende outros centros e mais dos propios que temos elaborado nós. O traballo está en marcha. Imos seguir neste camiño durante todo o mes, pero celebramos este día achegándovos algúns petiscos do que se coce nas aulas.
Carteis sobre Luísa Villalta
Lemos e observamos algúns intres da súa traxextoria vital e literaria.

A palabra do día
Día tras día Luísa vainos agasallando cunha verba especial. Con ela aprendemos a lingua, observamos, matinamos nas nosas experiencias arredor dela, debuxamos, pescudamos, facemos traballo de campo,... A súa teima, o noso PDI. Os pequenos de infantil de 5 e os de 1º, os que máis gozan, con esta chuvia lingúística.
4º de primaria
Traballamos coa súa imaxe
5 anos
3º de primaria
Poemas para ilustrar
Taboleiros robóticos especiais
E moito máis que xa vos iremos contando!
Mentres, celebrade o Día falando a nosa lingua.