Xela Arias deixounos un fermoso relato, feito con 11 anos, no que a fraga galega é a protagonista. Daquela pareceunos boa idea pescudar un pouquiño nos bichiños das paisaxes galegas e familiarizarnos cos seus nomes. Este traballiño axúdanos ademais a coñecer mellor o mundo dos bichiños, ao tempo que estamos a coñecer algúns dos principais polinizadores da froita dentro do noso PDI. Paga ben a pena coñecelos para coidalos mellor; aínda que teñamos que ser moito máis coidadosos se cadra cos que nos poden picar. A saúde nosa e maila do planeta é o primeiro.
Os nenos de 3 anos agasállannos con estas fotos para que os poidamos ver máis de preto. Outras aulas tamén están traballando neste mundiño e enseguidiña amosarannos tamén as súas descobertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario