Amosando publicacións coa etiqueta caixón palabras fraga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta caixón palabras fraga. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de maio de 2021

INSECTOS DA FRAGA EN 3 ANOS

 Xela Arias deixounos un fermoso relato, feito con 11 anos, no que a fraga galega é a protagonista. Daquela pareceunos boa idea pescudar un pouquiño nos bichiños das paisaxes galegas e familiarizarnos cos seus nomes. Este traballiño axúdanos ademais a coñecer mellor o mundo dos bichiños, ao tempo que estamos a coñecer  algúns dos principais polinizadores da froita dentro do noso PDI.  Paga ben a pena coñecelos para coidalos mellor; aínda que teñamos que ser moito máis coidadosos se cadra cos que  nos poden picar. A saúde nosa e maila do planeta é o primeiro.

Os nenos de 3 anos agasállannos con estas fotos para que  os poidamos ver máis de preto. Outras aulas tamén están traballando neste mundiño e enseguidiña amosarannos tamén as súas descobertas.






sábado, 1 de maio de 2021

OS MAIOS: TRADICIÓN E ELEMENTOS

 Que é un Maio? E unha construción tradicional que se fai cos elementos naturais típicos do momento: mofo, fentos, pampillos, laranxas, limóns, fiuncho...todo o que atopamos agora mesmo nos nosos montes e hortas. Para que repasedes as cousas da nosa lingua deixamos aquí unhas imaxes con palabras.