Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Celebramos este 8 de marzo, Día internacional da muller, traendo ó noso cole e coñececendo un pouquiño polo miúdo, a mulleres de distintos eidos da sociedade e a cultura. Foron entrevistas e encontros na nosa biblioteca que nos achegaron á súa vida e ó seu traballo. Elas amósannos que todas (e todos) podemos.

 Deixamos a continuación esta entrevista na que participamos todas as alumnas e alumnos do centro. Estas son as nosas preguntas á campioa paralímpica en triathlón  SUSANA  RODRÍGUEZ  GACIO,  unha muller digna de admirar, imitar e tomar como exemplo, tanto polo seu esforzo, capacidade de superación, adaptación e, por suposto, polos seus éxitos. 

 Grazas, Susana, por compatir este intre con nós ainda que fose dende a distancia.

Tivemos tamén o honor de  contar con Betty León Fong, científica e investigadora. Foron os nenos e nenas de 5 anos quen fixeron a invitación para que viñese á nosa biblioteca. Unha gran tarefa para este grupiño de infantil. Xuntos resolvérona con moito éxito.


 Grazas a Betty faisenos visible o relevante papel  das mulleres na ciencia. Ela agasallounos cunha amena conferencia para todo o alumnado, adaptada as súas idades e con pequenos experimentos que nos deixaron coa boca aberta. 

Grazas, Betty, por compartir o teu tempo con nós.


Pero a actividade continúa e esta mesma semana teremos a oportunidade de coñecer a dúas deportistas, as futbolistas Aida Samper e Judith Gallardo. Enseguidiña poderemos contárvolo todo!. 



venres, 11 de febreiro de 2022

SAÍDA AO VERBUM

Os nenos de 5º de Primaria celebramos o " Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" no Verbum, con catro obradoiros nos que participaron de forma moi amena e interesante.



PROMOVENDO VOCACIÓNS STEM EN GALEGO E DENDE GALICIA

 Recollemos na nosa aula virtual a testemuña de varias científicas galegas que, ademais en lingua galega, anímannos a todos, e especialmente a todas, a mergullarnos no mundo da ciencia e a contribuir os avances e melloras que o noso mundo precisa.  Facémonos, tamén, eco das novas da prensa que nos presentan a mulleres científicas do noso entorno.


xoves, 11 de marzo de 2021

MULLERES EN GALEGO

Na aula de 2º de primaria construiron un percorrido para amosar algunhas das mulleres galegas destacadas na ciencia, entre elas algunhas no eido da microbioloxía e a farmacoloxía. A súa aula convertiuse nunha exposición temática na que poder aprender cousiñas sobre os logros acadados por estas mulleres de varias xeracións.