Amosando publicacións coa etiqueta plambe 21-22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plambe 21-22. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xuño de 2022

INTERCAMBIO CO CEIP ALTAMAR

 Dentro dun programa de intercambio que puxemos a funcionar neste curso co CEIP Altamar os nenos e nenas de infantil e os de 4º de primaria puxémonos en contacto cos nenos deste cole.

Os de infantil fixemos varias videoconferencias durante as que nos puidemos presentar e falar con eles. Nun segundo intre falámoslles dos nosos proxectos de aula e intercambiamos lecturas Tamén lles gravamos un vídeo amosándolles o noso cole e o mural que temos no patio cuberto. 

Pola súa parte os de 4º de primaria tal como nos contaron no Xornal Don Moucho escribíronlle cartas ós da outra clase e agardaron impacientes as súas respostas. Na fin de curso puideron comunicarse por videoconferencia e coñecer ós que xa son os nosos amigos do Altamar. Unha experiencia chea de emoción e ledicia para todos, grandes e pequenos.

INFANTIL















4º PRIMARIA














venres, 24 de xuño de 2022

ROBOT E LETRAS GALEGAS

 Aínda que foron varias as aulas que xogaron co robot nas Letras galegas coas plantillas que preparamos para o traballo na aula STEM, só dispoñemos das fotos dos peques de 5 anos coñecendo os autores homenaxeados en cursos pasados.

ROBOTIZAMOS A ANTÓN GARCÍA TEIJEIRO

 Como podedes ver no blog da biblio, dous poemas de antón García Teijeiro servíronlles ós nenos e nenas de 6º de primaria para traballa-la robótica e a lectura poética dun xeito especial. Pasade por alí a ver o que fixeron.

mércores, 22 de xuño de 2022

XOGOS E OBRADOIROS NA FIN DE CURSO

 Entre chuvisca e chuvisca sacamos tempo para sair fóra ao noso xardín a traballar cos obradoiros de ciencia, ademais de  argallar xogos divertidos. O tempo non acompañou e non puidemos gozar dos xogos de luces e sombras preparados. Probaremos no novo curso!!

Foi un tempiño de coñecer aos amigos cos que non nos puidemos xuntar ata agora e xogar con moitas elementos diferentes nun espacio distinto. Colaborar, idear, planificar, xogar cos volumes ou simplemente gozar dos materiais e do momento. Non precisamos máis nada para disfrutar e aprender.




1º E 2º DE PRIMARIA VISITAN O ZOO

 Como xa nos contaron no Xornal Don moucho, os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron unha saída ao zoo na que tiveron a oportunidade de ver unha chea de animais e disfrutaron moito da experiencia.



domingo, 19 de xuño de 2022

XORNAL DON MOUCHO

Disfrutádeo!

                                                           XORNAL DON MOUCHO 2022 

XOGAMOS COA CIENCIA EN GALEGO

 Tedes no blog de biblioteca o xogo interactivo feito co material pescudado e elaborado polas aulas en distintos intres do curso sobre científicos e científicas da historia dentro do noso PDI. Pasade por alí e xogade!

ENLACE AO XOGO QUEN É QUEN

xoves, 16 de xuño de 2022

ACTIVIDADE MUSICAL NA BIBLIOTECA

 Tedes no blog de Aguieira o relato do  que desfrutamos en infantil, 1º e 2º coa actividade musical de onte. 

Pasade a ver que ben o pasamos!

luns, 13 de xuño de 2022

VOLCÁN EN FAMILIA

 Biba e a súa familia desfrutaron moito probando o experimento do volcán. Sinxelo e espectacular!.

Graciñas, científicas!



venres, 10 de xuño de 2022

VIGOZOO POR 3º E 4º DE PRIMARIA

O mércores 8 de xuño, a pesares de ir preparados para pasar o día ao aire libre, o sol non nos quixo acompañar, e baixo a néboa e a chovisca, o alumnado de 3º e 4º chegamos a Vigozoo, nas instalacións da Madroa. 

Fixemos unha visita guiada polo reptilario, coñecendo os animais que alí habitan: réptiles, insectos, peixes, anfibios, tartarugas... Á vez que disfrutamos desta fauna, as monitoras explicáronnos a importancia de Vigozoo, xa que acolle animais que están en proceso de recuperación, en situacións de abandono, maltrato animal... 

Grazas aos coidados que se lles proporcionan, poden vivir integrados nestes espazos, xa que dadas ás características particulares de cada un, a súa vida salvaxe en liberdade é imposible.

Agardamos que na nosa próxima visita xa poidamos darlle utilidade ás nosas gorras, e así poder coñecer o resto dos animais que forman parte da gran familia que é Vigozoo.

domingo, 5 de xuño de 2022

RECEITAS EN FAMILIA. QUICHÉ

Lois de 3 anos aproveitou a fin de semana para cociñar un riquísimo prato: Quiché de xamón, cogomelos e cabaciña. Que cociñeiro tan estupendo!










luns, 30 de maio de 2022

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Os nenos e nenas de 5 anos, 2º, 4º, e 6º tiveron a sorte de aprender moito sobre igualdade nun obradoiro organizado no cole. 

En 5 anos gozaron cos xogos propostos e escoitaron atentamente o conto de "Iriña Bailarina".





2º, 4º e 6ºprimaria puxeron moita atención para vivir día a día en igualdade.







xoves, 19 de maio de 2022

OBRADOIRO CIENTÍFICO EN 3º

Hoxe na escola os nenos e nenas de 3º tivemos a oportunidade de converternos por uns intres en científicos e científicas, experimentando técnicas de laboratorio da man de expertos no tema que nos acercaron a algunhas das grandes mulleres da ciencia. 
Practicamos técnicas de cromatografía, entendimos o que significa a presión atmosférica, e mesmo fomos testemuñas das propiedades da auga, o alcol e o lume cando os nosos expertos prenderon un billete... Incrible!

OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS EN 1º E 2º

 Os nenos e nenas de 1º e 2º participaron en cadansúa quenda nun interesante obradoiro de mulleres científicas. Coñeceron moitos  inventos feitos por mulleres científicas e experimentaron eles tamén como funcionan.  Unha mañá de aprendizaxe  interesante e divertida!




martes, 17 de maio de 2022

SALVE... DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Os autores que celebramos curso a curso traen sempre a súa mochila de vida chea do amor e a loita polo noso, polas nosas tradicións e a nosa lingua. Florencio Delgado Gurriarán, ao que vimos coñecendo dende que comezou a celebración do mes das Letras Galegas, non foi menos. Ademais de expresar coas palabras as súas emocións, transmítenos o amor polo galego e por todo o que é de noso.

Este poema adicado á bandeira galega dá boa conta disto.




xoves, 12 de maio de 2022

UNHA XANELA ABERTA Á RÍA DE VIGO

 Como se foramos personaxes de Julio Verne, o tres de maio, embarcamos no Nautilus  para pasar unhas horas na Ría de Vigo e descubrir os seus secretos.  Coa axuda do robot “Nemo” exploramos o fitoplancto e o zooplancto, baixo o océano exploramos a vida das bateas e fixemos de arqueólogos mariños atopando restos de embarcacións na nosa ría.  Foi un bonito día…



mércores, 11 de maio de 2022

OS XOGUETES DOS AVÓS...SIENNA E ALANA

 Sienna e Alana (2º de primaria e 3 anos) participan na recollida de xoguetes tradicionais e con reciclaxe construindo un tiracroios ou tiratacos; un xoguete de sempre. Aquí nolo amosan. Que ben o fixestes, grazas!



VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Patio de luces, este é o título do último libro que limos xuntos na escola. A súa autora, Érica Esmorís, visitounos o martes día 10 de maio para compartir con nós a historia que se agocha detrás desta marabillosa historia. Un confinamento, vellos recordos da nenez, un edificio de veciños, un porteiro entrañábel... E para nós, os nenos e nenas de 3º e 4º, un pracer escoitala e aprender... Mil grazas.

 

martes, 10 de maio de 2022

UN MAIO E UN CADRO... DE ABRIL E JULIÁN

 Abril (5 anos) e Julián (3º de primaria) festexan a primavera co seu estupendo maio e ademais atrévense cun  superreto artístico...recrean un cadro de Laxeiro. Que ben! 




luns, 9 de maio de 2022

"COMO FIXEMOS" O NOSO MAIO

 Os nenos e nenas de infantil quérenvos amosar como fixeron o seu maio.