Amosando publicacións coa etiqueta animacion lectora bilbioteca inclusiva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animacion lectora bilbioteca inclusiva. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de decembro de 2025

“TODOS E TODAS CONTAMOS” DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Esta semana os monitores da Fundación Igualarte da man de Afundación impartiron diversos obradoiros ao noso alumnado buscando fomentar a diversidade como un valor social:

Contacontos “A familia”: dirixido ao alumnado de educación infantil. Unha vez escoitaron o conto creado pola Fundación Igualarte, realizaron a actividade “Creando a miña familia”. Por grupos, crearon un móbil colgante coas persoas que conforman unha familia.

As tarefas do fogar entre todos e todas: participaron os cursos de 1º a 4º de primaria. Consistiu nunha obra de teatro cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.

Obradoiro de percusión: os monitores deron un pequeno concerto para despois realizar un taller de percusión corporal e con instrumentos de material reciclado.







Grazas aos monitores da Fundación Igualarte por promover a inclusión e mostrar a diversidade como unha fonte de enriquecemento persoal e social.

domingo, 7 de maio de 2023

CONTACONTOS EN GALEGO NO MES DAS LETRAS

 Despois do éxito de gato lambon Candel, Daniela e Lara de 4º de primaria quixeron repetir a experiencia e leron... Bruno. Infantil e os nenos e nenas de 1º foron os invitados na hora de ler.










O venres, Lucas e Sabrina, tamén de 4º, leron  a 2º de primaria e infantil. Desta vez o conto escollido foi

Rot el más guapo del mundo. Leron e fixeron teatro co personaxe.











En ambalas dúas lecturas pasámolo moi ben. Parabéns para os nosos amigos!

martes, 17 de maio de 2022

SALVE... DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Os autores que celebramos curso a curso traen sempre a súa mochila de vida chea do amor e a loita polo noso, polas nosas tradicións e a nosa lingua. Florencio Delgado Gurriarán, ao que vimos coñecendo dende que comezou a celebración do mes das Letras Galegas, non foi menos. Ademais de expresar coas palabras as súas emocións, transmítenos o amor polo galego e por todo o que é de noso.

Este poema adicado á bandeira galega dá boa conta disto.




martes, 19 de maio de 2020

RECUNCHO LECTOR: MARTES INCLUSIVO

Iniciamos no derradeiro mes de clase un novo apartado LECTURAS INCLUSIVAS. Comezamos cunha lectura relacionada co noso PDI  e o Proxecta Aliméntate ben.

A MELLOR SOPA DO MUNDO