Amosando publicacións coa etiqueta Inclusión educativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inclusión educativa. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2026

PROGRAMA CONVIVINDO: “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS”

 

Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a semana pasada unha postal de VIVINDO previa a sesión do venres.





Nesta ocasión, Silvia leu un conto escrito e ilustrado polos integrantes do taller artístico de Apamp. Titúlase “Elisa no mundo das marabillas” e empregou  un comunicador co sistema GRID para que Vivindo contara partes do conto, marionetas e pulsadores con diálogos. Vivindo contou como coñeceu os creadores do conto.


                                          


  

Posteriormente, os nenos e nenas viron un vídeo na biblioteca sobre como ilustraron o conto as persoas con parálise cerebral. A continuación, pintaron un mural con diferentes partes do corpo e empregando diferentes útiles (por exemplo: un licornio).

 

       







                 A todos os nenos e nenas gustoulles moitísimo o resultado do mural!







mércores, 3 de decembro de 2025

“TODOS E TODAS CONTAMOS” DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Esta semana os monitores da Fundación Igualarte da man de Afundación impartiron diversos obradoiros ao noso alumnado buscando fomentar a diversidade como un valor social:

Contacontos “A familia”: dirixido ao alumnado de educación infantil. Unha vez escoitaron o conto creado pola Fundación Igualarte, realizaron a actividade “Creando a miña familia”. Por grupos, crearon un móbil colgante coas persoas que conforman unha familia.

As tarefas do fogar entre todos e todas: participaron os cursos de 1º a 4º de primaria. Consistiu nunha obra de teatro cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.

Obradoiro de percusión: os monitores deron un pequeno concerto para despois realizar un taller de percusión corporal e con instrumentos de material reciclado.







Grazas aos monitores da Fundación Igualarte por promover a inclusión e mostrar a diversidade como unha fonte de enriquecemento persoal e social.

luns, 20 de outubro de 2025

4º, 5º e 6º visita DIVERSA

O pasado venres, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º visitamos DIVERSA. A Mostra Internacional da Ilustración Contemporánea na sede do teatro Afundación de Vigo.

Unha saída moi especial na que nos mergullamos de cheo na arte: observamos, sentimos e creamos grazas as nosas guías que fixeron que o percorrido polas salas fose único.

Dividímonos por grupos e cada un observou, creou e explicou unha das sala. Tiñamos ilustracións nas que a protagonista era a natureza, outras resaltaban a diversidade cultural, a fantasía e a imaxinación, as cores e emocións, os erros como oportunidades...

Sen esquecernos do momento obradoiro-taller no que fomos verdadeiros artistas, creando collage e "plasticolegas".

Aquí deixamos un pequeno vídeo e unhas imaxes que ilustran algúns momentos da saída!






 


venres, 17 de outubro de 2025

Creatividade sen fronteiras!

 

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria gozaron onte da mostra Internacional Contemporánea “ Diversa” non teatro Afundación. Tiveron contacto con ilustracións de diferentes formatos como cadros, arxila, vídeo, tápiz, teas, etc. Adentráronse de xeito ameno e divertido na sala de exposicións, puidendo admirar  obras de arte de índole diverso. Para isto mergulláronse nun xogo onde debían atopar as chaves que abrían os cadeados de 5 universos: a chave verde (universo dá natureza) no que descubriron a importancia e coidadonatureza a través dun xogo de reciclaxe; a chave vermella (universo dás cores e emocións) creando un xardín dás emocións pintando unha flor co estado de ánimo; a chave laranxa (universo viaxeiro) que mostra a diversidade de persoas e lugares por medio dá creación dunha ilustración; a chave azul (universo dá imaxinaxión e fantasía) o cal é unha poderosa ferramenta de pensamento e expresión. Finalmente obtiveron a chave rosa que lles abriu o universo de ser artistas creando plasticolegas nun cosmos onde a beleza está en SER DIFERENTES.