Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2026

Cando os soños non teñen etiquetas!


Hoxe o alumnado de 2° de primaria participou no obradoiro "Profesións sen etiquetas", unha actividade orientada a reflexionar sobre a igualdade de oportunidades e a eliminación de estereotipos de xénero no ámbito laboral.

A través de xogos e dinámicas participativas, os nenos e nenas descubriron que todas as persoas poden desempeñar calquera profesión, independentemente de se son homes ou mulleres. A actividade fomentou o respecto, a empatía e a liberdade para elixir o propio camiño sen prexuízos. 🐾🐾            



 




         



          

mércores, 6 de maio de 2026

"Máis aló de princesas e superheroes: 2º de Primaria analiza o cine animado"

👨👩Hoxe o alumnado de 2º de primaria participou no obradoiro: "Desmontando estereotipos nas películas de animación", onde aprendeu a mirar as súas películas favoritas con espírito crítico. A partir de escenas coñecidas e dinámicas participativas, identificaron roles, mensaxes repetidas e propuxeron alternativas máis igualitarias e inclusivas. Unha experiencia que reforza valores como o respecto, a diversidade e a liberdade de ser un mesmo. 



 








xoves, 5 de febreiro de 2026

“ConVIVINDO” NO CEIP PÁRRROCO DON CAMILO

 

“ConVIVINDO” NO CEIP PÁRRROCO DON CAMILO

 

O pasado venres visitounos no cole “VIVINDO”. Trátase dun obradoiro impartido por Apamp “Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade” que aborda contidos relacionados coa inclusión, a diversidade e a convivencia, encadrado dentro do Proxecto ConVIVINDO. 

O alumnado de educación infantil participou nas actividades propostas coa compaña de “Vivindo” e a música de María Fumaça.

Que ledicia, pintando e bailando todos xuntos!









mércores, 3 de decembro de 2025

“TODOS E TODAS CONTAMOS” DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Esta semana os monitores da Fundación Igualarte da man de Afundación impartiron diversos obradoiros ao noso alumnado buscando fomentar a diversidade como un valor social:

Contacontos “A familia”: dirixido ao alumnado de educación infantil. Unha vez escoitaron o conto creado pola Fundación Igualarte, realizaron a actividade “Creando a miña familia”. Por grupos, crearon un móbil colgante coas persoas que conforman unha familia.

As tarefas do fogar entre todos e todas: participaron os cursos de 1º a 4º de primaria. Consistiu nunha obra de teatro cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.

Obradoiro de percusión: os monitores deron un pequeno concerto para despois realizar un taller de percusión corporal e con instrumentos de material reciclado.







Grazas aos monitores da Fundación Igualarte por promover a inclusión e mostrar a diversidade como unha fonte de enriquecemento persoal e social.

venres, 21 de marzo de 2025

Día da Síndrome de Down - 21de marzo

Hoxe, como pode acontecer calquera día no Párroco, celebramos a diversidade. 

Un día máis no que tomamos conciencia do importante que é apoiarnos e respectarnos, facendo ese equilibrio entre "todos somos diferentes", pero, ao mesmo tempo, tamén "todos somos iguais". Pois, somos persoas, nenos e nenas que xogamos, conversamos, aprendemos e evolucionamos.

Este día, o número 21 do terceiro mes do ano, falamos da Síndrome de Down. A través de vídeos e contos, os diferentes grupos fomos descubrindo de que falamos exactamente cando falamos desta síndrome, por que aparece... Pero tamén descubrimos exemplos inspiradores como Lauren Potter. 




Non podiamos esquecer os calcetíns desparellados para darlle un toque de cor, diversión e visibilidade!




Deixamos un vídeo interesante por se vós tamén o queredes ver!

mércores, 20 de novembro de 2024

CARTEO EN 3º

 En 3º comezamos a traballar a expresión escrita a través das cartas... 

Ademais de coñecer a estrutura das cartas e dos correos electrónicos, mellorar a organización dos textos, fixarnos na ortografia... decidimos escribirnos cartas entre nós!

Despois de todo o proceso: borrador, carta, debuxo, destinatario, remitente... por fin chegou a hora de recibir as cartas! Resulta que esta mañá apareceron nos nosos pupitres! Todas contiñan palabras amables que axudan a sentirnos ben e acollidos no grupo!



xoves, 5 de maio de 2022

6º DE PRIMARIA ENTREVISTA Á GRACE

 Os alumnos de 6º de Primaria aproveitaron a radio escolar para facer unha entrevista a Grace, a nosa auxiliar de conversa, e  así poder coñecela moito mellor!!. 







ESCOITADE AQUÍ A ENTREVISTA