Amosando publicacións coa etiqueta expresión escrita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta expresión escrita. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2026

APRENDENDO CON GAUDÍ

As nenas e nenos de 1º do cole mergullámonos na vida e obra do grandísimo arquitecto Gaudí, para comprender e aprender das súas técnicas e enxeño. A través de diferentes actividades descubrimos moitas das súas obras e fomos quen de inspirarnos nel para facer as nosas propias creacións…

Unha grande experiencia na que a imaxinación, a diversión e a arte mesturáronse para facer da aprendizaxe algo moi especial…









xoves, 26 de febreiro de 2026

ROSALÍA 23 DE FEBREIRO 2026

 ROSALÍA.

  Buscamos con estas actividades achegar a obra de Rosalía de Castro ao alumnado e fomentar a lectura promovendo así mesmo o uso da lingua galega.




domingo, 14 de decembro de 2025

Verbas que veñen e van: Carteo por Nadal

Os nenos e nenas de 4º imos cartear co CEIP A Canicouva, un xeito divertido de practicar a expresión escrita.

Despois de todo o proceso: borrador, carta, destinatario, remitente... por fin chegou a hora de enviar as cartas! Ademais, como as van recibir nesta época chea de maxia, engadimos unhas postais para desexarlles unhas boas festas!






xoves, 24 de abril de 2025

 

 XOGANDO COA POESÍA

      

Coincidindo coa semana do "Día do Libro" recibimos  a Anxo Iglesias e trasladounos ao proceso creativo de "Unha nova dimensión":  un libro que logra que teñamos unha nova visión da poesía.

   Os alumnos de 5º e 6º convertéronse en poetas pasando do punto e a liña ao plano, unindo o espazo co tempo para chegar ao verso.

   Foi unha visita moi interesante!!!! 



domingo, 26 de xaneiro de 2025

Cociñeiros e cociñeiras en 3ºEP!

Resulta que unha tarefa de 3º resoultou ser COCIÑAR! Pois non hai nada mellor que facer algo coas propias mans para saber explicalo!

Así foi como nos inciamos coas receitas de cociña. Primeiro metémonos na cociña en familia, e logo, xa de volta no cole, metémonos de cheo na expresión oral e escrita en lingua galega: facer un borrador, elaborar uns pósters e, por último,  compartilo cos compañeir@s!

Que ben o pasamos!

           















CARTAS SOLIDARIAS TRAS A DINA DE VALENCIA - 3ºEP

O pasado outubro, o país enteiro conmoveuse despois de escoitar o acontecido nalgúns municipios de Valencia tras o paso da DINA. 

Fronte esta situación, unha profesora da Comunidade Valenciana pensou que nenos e nenas ían precisar axuda emocional ao longo dos próximos meses. Por esta razón, puxo en marcha o proxecto "Cartas solidarias", que consiste en establecer un vínculo a través de cartas, debuxos... entre un cole afectado e outro non afectado.

O grupo de 3º EP enviou cartas e debuxos con palabras de ánimo e cariño ao alumnado do cole CEIP San Blas (Albal, Valencia).

Esperamos que as nosas palabras axuden e reconforten e que estas cartas sexan as primeiras doutras moitas!












mércores, 20 de novembro de 2024

CARTEO EN 3º

 En 3º comezamos a traballar a expresión escrita a través das cartas... 

Ademais de coñecer a estrutura das cartas e dos correos electrónicos, mellorar a organización dos textos, fixarnos na ortografia... decidimos escribirnos cartas entre nós!

Despois de todo o proceso: borrador, carta, debuxo, destinatario, remitente... por fin chegou a hora de recibir as cartas! Resulta que esta mañá apareceron nos nosos pupitres! Todas contiñan palabras amables que axudan a sentirnos ben e acollidos no grupo!