Amosando publicacións coa etiqueta benestar emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta benestar emocional. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2026

A linguaxe que suma - 4º Educación Primaria

 

Esta semana, as nenas e os nenos de 4º estivemos reflexionando sobre a importancia da linguaxe que empregamos cada día. Descubrimos que as palabras teñen moita forza e que, dependendo do que digamos ou da maneira en que o expresamos, podemos facer sentir ben, animadas e valoradas ás persoas que temos arredor… ou, pola contra, podemos causar tristura ou malestar sen decatarnos.

A través de diferentes actividades, conversas e dinámicas en grupo, aprendemos a escoitar con atención, a falar con respecto e a pensar antes de actuar. Tamén comprendemos o importante que é poñernos no lugar dos demais e tratar aos compañeiros e compañeiras con amabilidade e empatía.

Entre todas e todos seguimos construíndo unha aula na que nos sentimos seguros, respectados e valorados. Porque cando colaboramos, nos apoiamos e nos axudamos uns aos outros, convertémonos nun gran equipo capaz de aprender e medrar xuntos.










venres, 19 de decembro de 2025

BADALADAS E BAILE

Chegou o último día de curso deste primeiro trimestre!

Unha xornada na que entregamos as nosas cartas cos nosos desexos e agasallos.

Unha visita moi especial e chea de maxia... Papá Noel chegado dende o Polo Norte cun agasallo moi chulo!


Un delicioso chocolate quente con galletas organizado pola nosa querida ANPA.



E, por último, quixemos pechar o 2025 festexando todos xuntos un pre-fin de ano moi divertido, coas tradicionais badaladas e festa rachada!






luns, 1 de decembro de 2025

CONSTRUÍNDO RELACIÓNS SAUDABLES: 6º DE PRIMARIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade de reflexión e traballo en equipo centrada na importancia de construír relacións sas e respectuosas.

Organizados en grupos, os alumnos e alumnas dialogaron sobre valores como o respecto, a empatía, a confianza e a igualdade. A partir das súas ideas e experiencias, elaboraron un “Decálogo da amizade saudable”, composto por dez consellos fundamentais para manter relacións positivas e libres de violencia.




Con esta actividade, o alumnado non só traballou a expresión oral e escrita, senón tamén habilidades sociais e emocionais esenciais para a convivencia diaria. Ademais, aprenderon que pequenos xestos como escoitar, respectar as opinións dos demais ou axudar a quen o precisa son claves para crear un ambiente máis seguro e amable para todos e todas.





Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado!





xoves, 6 de novembro de 2025

PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS - SOMOS NÓS MESMOS, FORTES E ÚNICOS

O alumnado de 4º terminamos onte as nosas sesións con Rocío, coa que compartimos 4 obradoiros sobre prevención de adiccións. Ela compartiu con nós algunhas FERRAMENTAS para poder tomar decisións que nos fagan sentir ben e que sexan boas para nós.

Nun primeiro obradoiro, tras unha choiva de ideas sobre o que é unha adicción e aclarar este concepto con cousas que xa sabiamos, centrámonos en intentar ser como somos, evitando que os demais teñan unha gran influencia ou poidan forzarnos a que fagamos cousas que non queremos.

Rocío púxonos o conto de "YO SOY" que compartimos con vós, pois ademais de gustarnos pensamos que é moi interesante. Fixemos un coloquio e reflexionamos sobre as etiquetas coas que cargamos cada un de nós.

Yo soy – Cuentos Que Contar

No segundo obradoiro, descubrimos que é imprescindible comunicar o que pensamos e sentimos e tamén sobre dicir NON, pero non vale de calquera maneira. Temos que falar en calma de forma ASERTIVA. Estivemos facendo uns xogos de rol para poñer isto en práctica. Na terceira sesión continuamos a practicar a comunicación facendo uns murais EN EQUIPO.

Para pechar estes obradoiros, na cuarta sesión elaboramos cadanseu diario sobre o que somos, o que valoramos en nós, polo que estamos orgullosos e que podemos mellorar ou cambiar. 

Traballar a autoestima, quererse e valorarse, é fundamental para ser e para tomar boas decisións, que nos fagan sentir cómodos.


Grazas a Rocío pola súa cercanía e as súas palabras máxicas para mellorar a convivencia e o respecto neste mundo!

luns, 16 de xuño de 2025

O NOSO EMOCIONARIO

Sabemos que o mundo das emocións é algo complicado... sentimos moito e non sempre sabemos recoñecer o que nos pasa e atopar unha forma de regularnos. Por esta razón, o alumnado do segundo ciclo de primaria pasou todo o curso creando o seu EMOCIONARIO. 

Un emocionario persoal no que recolle como vive cada emoción e o que necesita en cada momento. Cada un de nós somos diferentes e debemos coñecernos moi ben para atopar o noso benestar en diferentes situacións...



Como clausura do proxecto, estivemos xogando co xogo "O monstro de cores".











xoves, 22 de maio de 2025

La fábrica de etiquetas

 Os nenos de 2º de primaria descubriron o conto "La fábrica de etiquetas", e así, poideron sacar fóra todas aquelas palabras referidas a eles que tanto lles molestan, e racharon todas! Que mellor forma de sentar as bases emocionais, que falando dos nosos medos...


 

 

 

domingo, 26 de xaneiro de 2025

CARTAS SOLIDARIAS TRAS A DINA DE VALENCIA - 3ºEP

O pasado outubro, o país enteiro conmoveuse despois de escoitar o acontecido nalgúns municipios de Valencia tras o paso da DINA. 

Fronte esta situación, unha profesora da Comunidade Valenciana pensou que nenos e nenas ían precisar axuda emocional ao longo dos próximos meses. Por esta razón, puxo en marcha o proxecto "Cartas solidarias", que consiste en establecer un vínculo a través de cartas, debuxos... entre un cole afectado e outro non afectado.

O grupo de 3º EP enviou cartas e debuxos con palabras de ánimo e cariño ao alumnado do cole CEIP San Blas (Albal, Valencia).

Esperamos que as nosas palabras axuden e reconforten e que estas cartas sexan as primeiras doutras moitas!












xoves, 2 de xaneiro de 2025

Postais navideñas

 

Para felicitarse as festas, o alumnado de 2º escribiuse postais navideñas entre eles e encargáronse de botalas ao buzón que está na entrada do cole. Qué nervios tiñan os últimos días por saber qué compañeiro lles felicitaría…foi sorpresa! 




 

mércores, 20 de novembro de 2024

CARTEO EN 3º

 En 3º comezamos a traballar a expresión escrita a través das cartas... 

Ademais de coñecer a estrutura das cartas e dos correos electrónicos, mellorar a organización dos textos, fixarnos na ortografia... decidimos escribirnos cartas entre nós!

Despois de todo o proceso: borrador, carta, debuxo, destinatario, remitente... por fin chegou a hora de recibir as cartas! Resulta que esta mañá apareceron nos nosos pupitres! Todas contiñan palabras amables que axudan a sentirnos ben e acollidos no grupo!