Con motivo da celebración do
Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o
alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade de reflexión e traballo
en equipo centrada na importancia de construír relacións sas e respectuosas.
Organizados en grupos, os
alumnos e alumnas dialogaron sobre valores como o respecto, a empatía, a
confianza e a igualdade. A partir das súas ideas e experiencias, elaboraron un “Decálogo
da amizade saudable”, composto por dez consellos fundamentais para manter
relacións positivas e libres de violencia.
Con esta actividade, o
alumnado non só traballou a expresión oral e escrita, senón tamén habilidades
sociais e emocionais esenciais para a convivencia diaria. Ademais, aprenderon
que pequenos xestos como escoitar, respectar as opinións dos demais ou axudar a
quen o precisa son claves para crear un ambiente máis seguro e amable para
todos e todas.
Foi
unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario