Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro natural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro natural. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de xuño de 2025

EPHEMERAL ART - ARTE EFÍMERA


Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria despedimos as clases de ARTS cunha actividade de arte efímera. 

Creamos mandalas naturais con elementos que atopamos na nosa contorna.

Velaquí unhas fotos!








domingo, 5 de maio de 2024

ARTE CON FLORES EN 4 ANOS

 Os nenos e nenas de 4 fixeron con elementos naturais uns preciosos cadros de primavera. Un xeito emocionante de achegarnos ó noso medio.








domingo, 2 de xullo de 2023

COUSIÑAS QUE QUEDARON ATRÁS: A VENDIMA E OUTRAS TRADICIÓNS. ALIMENTÁMONOS EN OUTONO

MARMELO DO COLE, VENDIMA, ZUME DE UVA, LIMONS GALEGOS E MILLO. APRENDEMOS  NO OUTONO SOBRE ALIMENTACIÓN SA.

As fotos da degustación do marmelo podedes velas en instagram.




 

sábado, 10 de xuño de 2023

LEITUGAS, LEITUGUIÑAS

A  nosa horta vai dando os seus froitos,  malia o tempo e os caracois. Puidemos ver xa unha das pataquiñas polas que agarda o caldo de Rosalía. De certo que hai moitas máis!. Os nosos amigos de 3 recolleron xa as súas leitugas. Ollade que boa pinta! Os demáis comezaremos enseguidiña tamén a recolleita!.



sábado, 13 de maio de 2023

O NOSO MAIO

 Os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 participamos na celebración das festas de primavera tradicionais elaborando coa axuda das familias o noso propio maio. O primeiro día que recibimos aportacións florais non había xestas abondo para "forrar" a estrutura; daquela aproveitamos a facer un mandala floral. Xa o fixeramos o curso pasado e os de 4 queriamos amosarlles os cativos de 3 como se facía.  Quedounos moi aqueladiño e xa que estabamos fóra aproveitamos a plantar unhas  leitugas!




 Días despois, en dúas mañás consecutivas achegámonos á entrada do noso cole para  colocar na estrutura as xestas, os fiunchos, fentos e flores diferentes que trouxéramos da casa. Foron dúas mañás gozando da natureza e aproveitando os recursos naturais para desenvolver a nosa arte e recuperar tradicións. Despois bailamos e cantamos a corro arredor do noso maio. Pasámolo moi ben.

Mágoa que o tempo non acompañou e a chuvia deses primeiros días de maio fixo que non poidesemos traer tanto material vexetal coma outros anos. Non houbo problema! Fomos quen de facer un maio estupendo!



sábado, 6 de maio de 2023

FACENDO BOSQUE NO DÍA DA ÁRBORE

 En infantil tamén celebramos o Día da árbore facendo bosque e horta froiteira. Unha actividade que abrangue dende marzo ata final de curso con plantacións sucesivas e o coidado, no cole e na  casa, de todo o que imos sementando e plantando. O noso castiñeiro, as maceiras e chíbilis de 4 e 5 e os aguacates de 3 ensínannos de primeira man a importancia de coidar as sementes e plantalas para ter unha alimentación de calidade no futuro, ademais doutros moitos beneficios para o planeta.



















domingo, 30 de abril de 2023

AMORODOS E LEITUGAS NA HORTA ESCOLAR

 Mentres seguen a medrar as patacas, berzas e fabas plantadas en febreiro seguimos a traballar na horta plantando leitugas e amorodos














AMORODOS NOS ZAPATOS

 Ademáis das petunias que plantamos aí atrás, adornámo-lo noso patio cuns zapatos amorodeiros. A primavera tráenos beleza e moitas vitaminas.  Que bonitos quedan! Mentres coidamos as nosas plantiñas, agardaremos a que as cores vermellas pinten as nosas froitas e poidamos probalas. Non digades que non traballamos polo planeta e pola nosa saúde!


Quixemos tamén continuar o círculo comezado no outono co baleirado das cabazas. Despois de sementar e observar o medre poderemos de novo usar as nosas propias cabazas para celebrar o Samaín e degustar sobremesas e outras receitas feitas con este alimento tan san e tan tradicional.



PRIMAVERA...PLANTAMOS PETUNIAS EN INFANTIL

 No marco do noso obradoiro natural os nenos e nenas de infantil non só queremos plantar verduriñas  para o caldo, senón tamén adornar aínda máis o xa precioso patio que temos. Canda a moreira, o acivro, as tuias e as hortensias locen agora tamén as petunias que vimos de plantar.



sábado, 22 de abril de 2023

COÑECEMOS ÓS NENOS E NENAS DO CEIP ALTAMAR

 Os nenos e nenas de 3 e 4 comezamos xa as videoconferencias coas que imos comunicarnos cos nosos amigos do Ceip Altamar. Xa o fixemos tamén o pasado curso. Os de 4 lembrábamonos ben, para os de 3 era a primeira experiencia. Antes da xuntanza fomos polo patio para mirar unha vez máis as arboriñas das que lles iamos falar.

O MARMELEIRO



A MOREIRA


E A NESPEREIRA



E despois con toda a información encendemos o ordenador e  fixemos a visita virtual. Foi emocionante. Presentámonos, falamos das árbores, amosáronnos algunhas plantiñas que teñen na aula...
Uns e outros montamos un pouco de lío, pero... a vez vindeira falaremos máis acalmadiños!.