Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

Christmas ornaments in Art class

 Neste mes de decembro as nosas aulas de Arts 🎨 transformáronse nuns recunchos para crear o noso tradicional adorno de Nadal  🎄.

Ademais de levar un bonito recordo, desenvolvemos a nosa creatividade 💡para facer creacións orixinais e respectuosas co medio 🌍, pois moitos destes adornos están feitos dándolle unha nova vida ♻️ a restos de papeis, cartón de caixas, rollos de papel hixiénico… 




Non nos digades que non temos o cole cheo de artistas 🧑🏼‍🎨 👩🏽‍🎨 👨🏼‍🎨!






domingo, 14 de decembro de 2025

Verbas que veñen e van: Carteo por Nadal

Os nenos e nenas de 4º imos cartear co CEIP A Canicouva, un xeito divertido de practicar a expresión escrita.

Despois de todo o proceso: borrador, carta, destinatario, remitente... por fin chegou a hora de enviar as cartas! Ademais, como as van recibir nesta época chea de maxia, engadimos unhas postais para desexarlles unhas boas festas!






mércores, 28 de decembro de 2022

martes, 20 de decembro de 2022

 O ALUMNADO DE 2º ENVÍASE POSTAIS NAVIDEÑAS

Os nenos de 2º disfrutaron botando as súas postais navideñas ao buzón que está á entrada do cole. Cada un fixo a súa postal destinada a un compañeiro da propia clase, despois de facer un sorteo secreto.  

Eles mesmos foron os creadores das postais, de poñer os remites e destinatarios, así como de pegar o selo para que chegue ao destino. 

Están todos desexando saber quen será o que lles felicitará as festas! Qué emocionante!

venres, 9 de decembro de 2022

COMEZAN A CHEGAR TAMÉN AS SOBREMESAS DE NADAL...comezamos a presentación

 Ademais de ir colocando nos nosos corredores  tódolos homiños que nos enviedes imos ir publicando as vosas creacións e doces de nadal que nos vaiades enviando. Imos facelo dentro desta presentación 

martes, 6 de decembro de 2022

O PRIMEIRO HOMIÑO XA CHEGOU AO COLE

  Sara de 3 anos   é a primeira que fixo o seu homiño en familia para compartir connosco.  Graciñas por abrir camiño. Animádevos! O corredor da entrada xa está case preparado para acubillar a todos.







...E NON HAI UNHA SEN DÚAS!

 Despois da nosa experiencia cociñeira coas cabazas e sobremesas de Samaín, chega o tempo de Nadal. O obradoiro Metidos en fariña, incluido no noso PDI, pon en marcha a cociña de Nadal con esta proposta arredor das sobremesas deste tempo. Mil  e unha fariñas (trigo, millo, améndoa, ...) están xa preparadas para formar parte das vosas propostas culinarias. Daquela, facede en familia, tirade fotos ou vídeo e se podedes mandádenos a proba; ademais de gozar e comer en familia! E aproveitade a ler contiños de Nadal!



NADAL EN FAMILIA...






 Descargade aquí o homiño 

Decorade o homiño como desexedes e enviádeo ao cole. Pasará a formar parte da decoración de Nadal, compartindo con todos vós a ledicia destas festas. Tamén podedes enviarnos a foto e publicáremola.

mércores, 29 de decembro de 2021

APRENDENDO SOBRE O NADAL EN GALEGO

 

 Para reforzar o traballado nesta fin de trimestre sobre a celebración na que estamos mergullados achegamos este resumo con algunhas cousiñas feitas por nós e outras curiosidades na nosa lingua propia.

xoves, 23 de decembro de 2021

MÚSICA EN GALEGO POLO NADAL

 Sen esquecer  que toda a música publicada aquí,  e atopada en internet, ten o seu dono, fixemos esta presentación para facer máis doada a localización da mesma para as nosas actividades educativas e acadar o obxectivo de recuperar a música, tradicional e moderna, de nadal en galego.




CANTANDO NO NADAL

 As aulas de 4º de primaria e 3 anos animáronse a seguir a proposta da biblio de recuperación de panxoliñas e atrevéronse a cantalas para todos. Bueno, uns cantaron máis ca outros! Graciñas a todos!

PANXOLIÑA DE 4º DE PRIMARIA



PANXOLIÑA 3 ANOS




ACTIVIDADES DE NADAL

 No blog da biblio tedes polo miúdo moitas das cousas que ocuparon o noso tempo na escola neste final de trimestre.

sábado, 2 de xaneiro de 2021

XOGOS PARA O NADAL

O servizo de dinamización lingüística do concello achéganos estes xogos familiares para encher o tempo de Nadal, hoxendía no que as posibiidades de sair e netreterse coma noutros nadais son poucas. Deixámolos tamén na aula virtual. 

venres, 5 de xaneiro de 2018

Visita do Rei Mago

E chegou a noite máxica pola que tantos cativos agardan.... así que aquí tendes algunhas fotos do derradeiro día antes das vacacións de Nadal onde veredes que tamén no Párroco recibimos a visita dunha das súas maxestades de Oriente. Desta vez pensamos que foi Gaspar o que tivo un chisquiño de tempo para visitarnos nestes días de tranto traxín para eles....
Así foi una mañá chea de ilusión e emoción para os nenos e nenas que puideron entregar persoalmente as súas cartas con todos os seus desexos.
Magoa que non teñamos as fotos de todos os grupos! 
 
 

sábado, 23 de decembro de 2017

Contos na maleta de Sabela Gago

No Párroco desfrutamos dos contos cada día e tamén polo Nadal, deste xeito o mércores 20 de decembro, tivemos una sesión de contacontos na biblioteca escolar da man de Sabela Gago quen soubo facernos chegar fermosas historias ao mesmo tempo que participabamos delas.
Como somos tantos,  baixamos á biblioteca en diferentes quendas:
Primero foi o turno para os nenos e nenas de infantil, seguidos de 1º, 2º e 3º de primaria e xa logo do recreo desfrutaron desta actividade 4º A e B e 5º e 6º de primaria.
 Aquí podedes ver o que foi do día nas distintas quendas (as subiremos todas a medida que estean dispoñibles).




venres, 2 de decembro de 2016

O Apalpador

Como estamos en decembro e xa chega o tempo do Nadal aqui tendes unha canción sobre un personaxe moi especial: o Apalpador.






sábado, 19 de decembro de 2015

O PAXE REAL VISITOUNOS NO PÁRROCO

O derradeiro día antes das vacacións de Nadal tivemos a sorte de que veu visitarnos o paxe real ao Párroco. E iso que de seguro que debía estar máis atarefado do que o estabamos nós.
Nesas días tivemos moito traballo nas aulas preparando as cartas: debuxamos, pintamos, recortamos, pegamos, escribimos, lemos, imaxinamos, desexamos.... e tamén agardamos impacientes ata a súa chegada.

O NOSO FARO DO NADAL

Como este curso estamos a traballar o Proxecto documental Integrado "Galicia de faro a faro" a nosa decoración navideña non podía máis que rendirlle unha homenaxe a estes guardiáns dos mares. Asi foi como no Nadal, e seguindo as indicacións de "libroucho", fixemos unhas tarxetas navideñas que escondían no seu interior minirrelatos e que levamos logo para as nosas familias como agasallo lector. Deste xeito decoramos a entrada do colexio e o que creamos foi un precioso faro: " O faro do Párroco".