E chegou a noite máxica pola que tantos cativos agardan.... así que aquí tendes algunhas fotos do derradeiro día antes das vacacións de Nadal onde veredes que tamén no Párroco recibimos a visita dunha das súas maxestades de Oriente. Desta vez pensamos que foi Gaspar o que tivo un chisquiño de tempo para visitarnos nestes días de tranto traxín para eles....
Así foi una mañá chea de ilusión e emoción para os nenos e nenas que puideron entregar persoalmente as súas cartas con todos os seus desexos.
Magoa que non teñamos as fotos de todos os grupos!
Felices como perdices! Canta ilusión nesas cariñas ^_^
ResponderEliminar