Amosando publicacións coa etiqueta ciencia en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia en galego. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2024

NATURNOVA


Este mércores, 6 de novembro, as nenas e nenos de 3º e 4º E.P. do cole fixemos unha saída ao centro de educación medioambiental de Naturnova para aprender unha chea de cousas sobre o universo.

Investigamos o caso da pelota supersónica perdida, seguindo a súa estela polo sistema solar mentres  percorriamos diferentes salas... Toda unha aventura e un misterio que fomos quen de resolver!

Gozamos e aprendemos de todas e cada unha das experiencias que alí atopamos.



venres, 2 de febreiro de 2024

AUGAS DE GALICIA

 Este luns, 29 de xaneiro, tivemos a visita na nosa escola dunha científica de Augas de Galicia que nos contou unha morea de segredos sobre os nosos ríos... Agora xa sabemos que eles son coma nós: van cambiando co tempo e  teñen unhas necesidades de espazo e coidado que non sempre respectamos...

Que facer en caso de urxencia e perigo por unha inundación? Protexernos, levando á práctica todo o que aprendemos ese día.



xoves, 1 de decembro de 2022

CIENCIA EN GALEGO. VISITA A NATURNOVA

 Os nenos e nenas de 1º e 2º tamén visitaron Naturnova para seguir aprendendo cousas sobre o noso planeta e como coidalo. Todo o aprendido acáenos de marabilla co desenvolvemento do noso PDI anual e xa agardamos que eles mesmos nos conten todo o que viron e experimentaron. As estacións, o mundo mariño, a reciclaxe... De certo que xa nos levan vantaxe co "proxecto residuos cero" que vimos de comezar en outubro.