Este mércores, 6 de novembro, as nenas e nenos de 3º e 4º E.P. do cole fixemos unha saída ao centro de educación medioambiental de Naturnova para aprender unha chea de cousas sobre o universo.
Investigamos o caso da pelota supersónica perdida, seguindo a súa estela polo sistema solar mentres percorriamos diferentes salas... Toda unha aventura e un misterio que fomos quen de resolver!
Gozamos e aprendemos de todas e cada unha das experiencias que alí atopamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario