Amosando publicacións coa etiqueta Saída didáctica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saída didáctica. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2026

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

 Este mércores, día 13 de maio, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo do Mar de Galicia para coñecer e adentrarse un pouquiño no estilo de vida da Prehistoria. Durante a visita puideron entrar nunca cova prehistórica e observar diferentes aparellos que usaban naquela época, como obxectos de caza ou cunchas e dentes para facer abalorios.

Ademáis, participaron nun interesante obradoiro no que elaboraron unha cunca de barro, igual que facían os nosos antepasados… As nenas e nenos gozaron moito da experiencia e aprenderon dun xeito diferente cómo era a vida na Prehistoria.











martes, 5 de maio de 2026

SAÍDA A VIGONATURE

 Este 5 de maio o alumnado de 1º, 2º e 5º de Primaria do cole, fomos visitar e pasar unha xornada de convivencia ao parque medioambiental de Vigonature, centro de recuperación e refuxio de distintas especies animais. Comezamos cunha visita polo exterior onde o personal do lugar contounos moitisimas curiosidades sobre os animais que estabamos a ver: aves, tartarugas acuáticas, ovellas, pavos reais… Todos eles tiñan unha historia conmovedora sobre as razóns que alí os levaran…

A continuación fixemos de detectives, organizados por equipos e buscando pistas sobre as plantas do invernadoiro, no que logo finalizamos facendo un obradoiro de plantación de tomateiras. Como xa estabamos algo cansos fomos xantar e xogar un pouquiño, pero non sabiamos que o máis emocionante estaba por chegar…

Xa viramos na zona interior o reptilario, pero quedaba a charla sobre os animais do exotarium, na que tocamos reptiles, serpes, tartarugas… Unha xornada inesquecible e diferente, onde aprender foi máis doado que nunca!






luns, 27 de abril de 2026

Un concerto de cine!

O alumnado de 3º e 4º tivemos a oportunidade de asistir a un concerto moi especial organizado pola escola municipal de música do concello e a experiencia non puido ser máis enriquecedora.

A saída permitiunos mergullarnos no fascinante mundo da música aplicada ao audiovisual. Ao longo do concerto, fomos descubrindo como a música non só acompaña as imaxes, senón que tamén lles dá sentido, emoción e intensidade. Foi sorprendente comprobar como unha mesma escena pode cambiar completamente dependendo da banda sonora que a acompañe.

Un dos momentos máis interesantes foi cando nos explicaron como se crean os sons nas películas. Aprendemos que moitos dos efectos sonoros que damos por feitos —pasos, portas, golpes ou mesmo sons da natureza— son recreados de maneira artesanal en estudio. Ver e escoitar exemplos en directo axudounos a entender mellor todo o traballo que hai detrás do cinema.

En resumo, foi unha saída moi divertida e didáctica, na que gozamos moito ao tempo que aprendemos a valorar a importancia da música e do son no mundo audiovisual. Sen dúbida, unha experiencia para repetir.




mércores, 25 de marzo de 2026

QUIÑONES DE LEÓN

O pasado venres tivemos a gran oportunidade de visitar o Museo do Pazo Quiñones de León, situado no parque de Castrelos.

Foi unha experiencia enriquecedora que combinou historia, arte e natureza. Tivemos a oportunidade de descubrir quenes habitaron o pazo e como era a vida nese lugar imaxinando cada estancia da casa grazas ao mobiliario histórico. E, por sorte, non desaproveitamos a ocasión e percorremos tamén os elegantes xardíns que rodean o pazo.

Sen dúbida, unha actividade de interese pola achega ao patrimonio cultural da nosa contorta, espertando en todos nós a curiosidade e o respecto pola historia local nun entorno único e inspirador.



mércores, 6 de novembro de 2024

NATURNOVA


Este mércores, 6 de novembro, as nenas e nenos de 3º e 4º E.P. do cole fixemos unha saída ao centro de educación medioambiental de Naturnova para aprender unha chea de cousas sobre o universo.

Investigamos o caso da pelota supersónica perdida, seguindo a súa estela polo sistema solar mentres  percorriamos diferentes salas... Toda unha aventura e un misterio que fomos quen de resolver!

Gozamos e aprendemos de todas e cada unha das experiencias que alí atopamos.



mércores, 28 de febreiro de 2024

HUGO

Este mércores, 28 de febreiro de 2024, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída ao teatro Afundación de Vigo para ver a obra “Hugo”. Unha marabillosa historia que nos fala  dun neno diferente, do seu mundo e o seu pensamento... Avións, música, amizade...

Unha obra chea de sensibilidade e empatía, que fala da diversidade e da convivencia; toda unha lección para reflexionar sobre a beleza de sermos diferentes.