mércores, 13 de maio de 2026

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

 Este mércores, día 13 de maio, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo do Mar de Galicia para coñecer e adentrarse un pouquiño no estilo de vida da Prehistoria. Durante a visita pudieron entrar nunca cova prehistórica e observar diferentes aparellos que usaban naquela época, como obxectos de caza ou cunchas e dentes para facer abalorios.

Ademáis, participaron nun interesante obradoiro no que elaboraron unha cunca de barro, igual que facían os nosos antepasados… As nenas e nenos gozaron moito da experiencia e aprenderon dun xeito diferente cómo era a vida na Prehistoria.











Ningún comentario:

Publicar un comentario