Amosando publicacións coa etiqueta día de rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día de rosalía. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de febreiro de 2026

ROSALÍA 23 DE FEBREIRO 2026

 ROSALÍA.

  Buscamos con estas actividades achegar a obra de Rosalía de Castro ao alumnado e fomentar a lectura promovendo así mesmo o uso da lingua galega.




martes, 25 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO: O DÍA DE ROSALÍA

 De novo chegou a data do 23 de febreiro no que homenaxeamos a nosa escritora Rosalía de Castro no día do seu aniversario. Este curso quixemos celebrar o seu día dándolle voz ós seus poemas. Que mellor que achegarnos  á radio para recitalos e compartilos con tódolos nosos compañeiros!. 

Os poemas escollidos tiñan que ver co noso PDI, co proxecto meteorolóxico no que traballamos este ano. A paisaxe e o clima son referentes en Rosalía. A través deles fálanos das súas emocións. Daquela,  dedicámonos a ilustralos. Convertímonos en poetas-ilustradores.



mércores, 28 de febreiro de 2024

UN XARDÍN PARA ROSALÍA

 As árbores, as flores, o campo e maila herba florida son elementos que se repiten nos versos de Rosalía, facéndonos chegar a través da descrición da nosa paisaxe as súas emocións. Nós dentro do Pdi deste curso queremos ver que árbores e flores compartimos con ela e os seus poemas. Ademais de organizar un xogo no patio -que faremos en canto pare a chuvia- para coñecer a flora que temos en común, quixemos ampliar as nosas especies incorporando os amarelles ou narcisos trompeteiros que desfilan nos seus versos e, un ano máis, os pensamentos, unha das súas flores preferidas. Onte e hoxe foi a quenda de infantil; mañá serán os de primaria os xardineiros. Escoitamos, mentres, a Rosalía no seu libro En las orillas del Sar

                                      Ya no brota la hierba, ni florece el narciso

                                      ni en el aire esparcen su fragancia los lirios. 

                                     Mas no importa, a lo lejos, otro arroyo murmura

                                     donde humildes violetas el espacio perfuman.









luns, 26 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 4º de primaria pasaron a mañá escribindo os seus poemas e decorando as tarxetas, pero tamén se atreveron cuns orixinais amarelles de papel. Creativos e preciosos!








sábado, 24 de febreiro de 2024

23 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA

 187? Iso sí que é cumprir anos! Celebramos o Día de Rosalía nas aulas facendo unha homenaxe a súa figura. Temos as maletas cargadiñas de poemas, actividades e recursos para celebrar durante un mes o seu xeito de mesturar as palabras e darlle protagonismo á nosa lingua. 

Hoxe comezamos o traballo sobre a súa figura lembrando como era, a súa faciana, os libros que escribiu, algúns dos seus poemas sobre Galicia e a súa paisaxe, as flores que lle gustaban...  O amarelle e mailas rosas son dúas delas e foron protagonistas das actividades en infantil e primaria.  Recitados e poemas musicados encheron as aulas dende primeira hora da mañá.

 Os nenos e nenas de infantil compuxeron un mural debuxando á nosa Rosalía e facendo rosas de papel para ela. Tamén canda tódolos nenos e nenas de primaria decoraron unha tarxeta de aniversario para felicitala no seu día. Aquí foi o amarelle ou narciso trompeteiro quen foi protagonista, acompañando  uns versos que ela, namorada da nosa paisaxe e xeito de ser, adicoulle á nosa terra.

                                                   LUGAR MÁIS FERMOSO 

                                                   NO MUNDO NON ACHARA

                                                   QUE AQUEL DE GALICIA

                                                  GALICIA ENCANTADA!

                                                  GALICIA FRORIDA

                                                  COMA ELA NINGUNHA

                                                  DE FRORES CUBERTA

                                                  CUBERTA DE ESCUMA.


Os maiores escribiron na tarxeta outros dos moitos poemas da autora. Aquí deixámosvos debuxos e fotos dalgunhas aulas este venres.
















sábado, 4 de marzo de 2023

SEGUIMOS COA HORTA

 Agora que os compañeiros doutros cursos traballaron na horta e xa nos amosaron como facer, fomos os de infantil os que quixemos probar esta experiencia.

Primeiro os de 3 e 4 e despois os de 5 plantamos berzas, fabas e patacas para o noso caldo. Que ben o pasamos! Xa sabedes que nos encanta fozar na terra! Agora cómpre coidar ben o plantado, para poder alimentarnos ben no futuro.

















domingo, 26 de febreiro de 2023

PRIMEIRO CALDIÑO DE GLORIA PARA ROSALÍA

 Recibimos emocionadas o primeiro vídeo que nos enviades co caldiño de gloria e os versos de Rosalía. Julia de 2º de primaria atrévese a cociñar na ficción un riquísimo caldo, no que non falta a fariña, cos ingredientes da súa "horta". Ademais recítanos os primeiros versos do poema:

Miña casiña, meu lar

cantas onciñas douro me vals!

Meu lar, meu fogar

cantas onciñas douro me vals!

Parabéns a Julia e moitas grazas por este caldiño dramatizado!



mércores, 22 de febreiro de 2023

CELEBRANDO Á ROSALÍA. PROPOSTA PARA AS FAMILIAS

 O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, aniversario do seu nacemento. Neste curso, mergullados no noso PDI arredor da alimentación sana e sostible, acáenos moi ben traballar co seu poema Miña casiña, meu lar onde fala do caldiño de gloria e doutra elaboración tradicional, o bolo do pote. Nós imos traballar todas estas cousiñas nas aulas no que queda de trimestre e no vindeiro. Invitámosvos a participar desta receita connosco: 

Elaborade un caldiño de gloria ou o caldo galego que acostumades a facer e amosádenolo nunha foto ou vídeo. Ao mesmo tempo escollede uns versos do poema e escribídeos ou recitádeos.

Podedes se queredes pescudar tamén na elaboración do bolo de pote e cociñalo ou pasarnos a receita. Aquí tedes o anuncio da invitación que vos facemos. Non hai límite de tempo. Podedes participar no momento do curso que queirades.

venres, 11 de marzo de 2022

RETO ROSALÍA STEM 6º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6º de primaria tamén se atreveron a xogar coa poesía e as matemáticas. Na biblioteca decoraron os seus vasos e bandexas con motivos  e palabras relacionados con Rosalía. Despois por equipos foron probando as distintas posibilidades que ofrecía este reto de construción en equilibrio.


Unhas fotos máis para que vexades ben o poema que escribiron. 







mércores, 9 de marzo de 2022

RETO ROSALÍA STEM 4º E 4 ANOS

 Hai tempo contámosvos que este curso a poesía vai ser un dos fíos arredor do que van ir conectadas varias actividades STEM, vencellando tecnoloxía, arte e matemáticas. A primeira cita poética oficial do ano, o aniversario de Rosalía, ía converterse nun intre moi especial para poñer todas estas cousas en marcha. Os nenos e nenas de 2º e de 5 anos foron os primeiros en agasallar á poeta coa súa construción poética. 

Agora presentamos aquí o que fixeron os nenos e nenas de 4º e mailos de 4 anos. Todos puxeron  a súa creatividade e as súas habilidades lendo e xogando cos versos e mailas palabras escollidas.


Os nenos de 4 anos fixeron primeiro unha construción baixiña  lucindo as coloridas bandexas que utilizaron e unha gran T. Despois atrevéronse a xogar co equilibrio dunha torre máis alta.





3º E 4º PLANTAN PENSAMENTOS

 Coa derradeira quenda de sementado xa temos o noso xardín cheo de cor, máis bonito se cadrae do que xa estaba. Entre tódolos pensamentos plantados destacan as figura coloridas de Rosalía e os preciosos poemas, versos e palabras que cada aula escolleu.




domingo, 6 de marzo de 2022

2º SEMENTA OS PENSAMENTOS DE ROSALÍA

 Este venres foi a quenda de 2º de primaria. Nunha mañanciña de sol aproveitaron a sementar os pensamentos. A súa Rosalía xa está preparada e enseguidiña colocarana canda eles.