Amosando publicacións coa etiqueta dinamización galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización galego. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS

Este proxecto traballámolo con intensidade e dedicación nas aulas partindo de páxinas web como:

 https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22279

https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano

https://primaveradasletras.gal/

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

Así como os carteis enviados pola consellería, de maneira dinámica e lúdica coñecemos a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada neste ano 2026. Con tal motivo fixemos un mural entre todo o alumnado do centro, nel temos un código QR que enlaza con un vídeo moi interesante sobre a súa vida.




xoves, 7 de maio de 2026

MAIO


"A primavera xa chegou, e flores frescas nos deixou". "O MAIO  xa está feito". Esta festa tradicional e popular galega é para celebrar o renacer da natureza despois do ciclo de inverno,simboliza a vitoria da vida, o florecemento e a ledicia polo aumento da luz solar. Ao longo destes días disfrutaremos arredor del con cantos, coplas e bailes.

Moi boa colaboración por parte das familias,que sempre nos apoian coas nosas propostas.


As nenas e nenos de infantil disfrutamos bailando coa nosa pequena copla arredor do maio. Encantounos axudar aos maiores a  elaborar este fermoso maio. Axúdanos a comprender esta nova esta nova parte do ano  de maneira lúdica,  participando así nesta festa tradicional.

xoves, 26 de febreiro de 2026

ROSALÍA 23 DE FEBREIRO 2026

 ROSALÍA.

  Buscamos con estas actividades achegar a obra de Rosalía de Castro ao alumnado e fomentar a lectura promovendo así mesmo o uso da lingua galega.




domingo, 14 de decembro de 2025

Verbas que veñen e van: Carteo por Nadal

Os nenos e nenas de 4º imos cartear co CEIP A Canicouva, un xeito divertido de practicar a expresión escrita.

Despois de todo o proceso: borrador, carta, destinatario, remitente... por fin chegou a hora de enviar as cartas! Ademais, como as van recibir nesta época chea de maxia, engadimos unhas postais para desexarlles unhas boas festas!






martes, 25 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO: O DÍA DE ROSALÍA

 De novo chegou a data do 23 de febreiro no que homenaxeamos a nosa escritora Rosalía de Castro no día do seu aniversario. Este curso quixemos celebrar o seu día dándolle voz ós seus poemas. Que mellor que achegarnos  á radio para recitalos e compartilos con tódolos nosos compañeiros!. 

Os poemas escollidos tiñan que ver co noso PDI, co proxecto meteorolóxico no que traballamos este ano. A paisaxe e o clima son referentes en Rosalía. A través deles fálanos das súas emocións. Daquela,  dedicámonos a ilustralos. Convertímonos en poetas-ilustradores.



luns, 24 de febreiro de 2025

O MECO E OS SEUS MANDADOS

 Nesta Semana da troula temos que cumplir moi ben cos desexos do Meco MeteoCamilo protagonista deste Entroido 2025. Estade ben atentos!!.








mércores, 29 de xaneiro de 2025

30 DE XANEIRO. XOSÉ VIZOSO E O DÍA DA ILUSTRACIÓN 2025

 Coñecedes a Xosé Vizoso, ilustrador homenaxeado no Día da ilustración 2025?. Sabedes que foi o autor do cartel do Centenario do Celta de Vigo? Podedes ver a súa obra nesta presentación.