Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de abril de 2025

 

 XOGANDO COA POESÍA

      

Coincidindo coa semana do "Día do Libro" recibimos  a Anxo Iglesias e trasladounos ao proceso creativo de "Unha nova dimensión":  un libro que logra que teñamos unha nova visión da poesía.

   Os alumnos de 5º e 6º convertéronse en poetas pasando do punto e a liña ao plano, unindo o espazo co tempo para chegar ao verso.

   Foi unha visita moi interesante!!!! 



martes, 25 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO: O DÍA DE ROSALÍA

 De novo chegou a data do 23 de febreiro no que homenaxeamos a nosa escritora Rosalía de Castro no día do seu aniversario. Este curso quixemos celebrar o seu día dándolle voz ós seus poemas. Que mellor que achegarnos  á radio para recitalos e compartilos con tódolos nosos compañeiros!. 

Os poemas escollidos tiñan que ver co noso PDI, co proxecto meteorolóxico no que traballamos este ano. A paisaxe e o clima son referentes en Rosalía. A través deles fálanos das súas emocións. Daquela,  dedicámonos a ilustralos. Convertímonos en poetas-ilustradores.



domingo, 26 de febreiro de 2023

PRIMEIRO CALDIÑO DE GLORIA PARA ROSALÍA

 Recibimos emocionadas o primeiro vídeo que nos enviades co caldiño de gloria e os versos de Rosalía. Julia de 2º de primaria atrévese a cociñar na ficción un riquísimo caldo, no que non falta a fariña, cos ingredientes da súa "horta". Ademais recítanos os primeiros versos do poema:

Miña casiña, meu lar

cantas onciñas douro me vals!

Meu lar, meu fogar

cantas onciñas douro me vals!

Parabéns a Julia e moitas grazas por este caldiño dramatizado!



domingo, 1 de maio de 2022

mércores, 23 de febreiro de 2022

RECITANDO A ROSALÍA

 Ano tras ano invitamos a tódolos nenos e nenas a recitar e ler en voz alta os poemas de Rosalía neste día tan especial. Na aula de 5 anos non o pensaron dúas veces e aproveitaron o estupendo día que fixo para celebralo ao ar libre. Noraboa! que ben o facedes!






O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 23  de febreiro, celebramos en toda Galicia o aniversario da nosa poetisa senlleira, Rosalía de Castro. Tódalas aulas están atarefadas lendo e gozando dos poemas da autora. Este curso  levamos adiante dúas actividades importantes para seguir  coñecendo a súa poesia.

Seguindo a proposta da AELG (Asociación de escritores en lingua galega) #sementado pensamentos,  todos estamos preparando os carteis que acompañaran os pensamentos, flor preferida de Rosalía, que imos todos sementar no xardin. 

Vencellando STEM e poesía, algunhas aulas xa enviaron as súas contrucións poéticas. Empezan a desfilar por aquí estes primeiros traballos, compartindo o seu tempo coa troula e mailo entroido. Mentres agardamos a rematar esta homenaxe á Rosalía e volo contamos máis todo polo miúdo, ide vendo os carteis e torres poéticas que xa están feitas.








RETO STEM.  Torre poética en equilibrio
2º de primaria.-



5 anos.-

3 anos. 
Aprenderon a recitar uns versiños de Rosalía e probaron os equilibrios aínda que non foron quen de escribir as palabras. Aínda son pequenos!