Amosando publicacións coa etiqueta ENDL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENDL. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xuño de 2022

INTERCAMBIO CO CEIP ALTAMAR

 Dentro dun programa de intercambio que puxemos a funcionar neste curso co CEIP Altamar os nenos e nenas de infantil e os de 4º de primaria puxémonos en contacto cos nenos deste cole.

Os de infantil fixemos varias videoconferencias durante as que nos puidemos presentar e falar con eles. Nun segundo intre falámoslles dos nosos proxectos de aula e intercambiamos lecturas Tamén lles gravamos un vídeo amosándolles o noso cole e o mural que temos no patio cuberto. 

Pola súa parte os de 4º de primaria tal como nos contaron no Xornal Don Moucho escribíronlle cartas ós da outra clase e agardaron impacientes as súas respostas. Na fin de curso puideron comunicarse por videoconferencia e coñecer ós que xa son os nosos amigos do Altamar. Unha experiencia chea de emoción e ledicia para todos, grandes e pequenos.

INFANTIL















4º PRIMARIA














venres, 24 de xuño de 2022

ROBOT E LETRAS GALEGAS

 Aínda que foron varias as aulas que xogaron co robot nas Letras galegas coas plantillas que preparamos para o traballo na aula STEM, só dispoñemos das fotos dos peques de 5 anos coñecendo os autores homenaxeados en cursos pasados.

domingo, 19 de xuño de 2022

XORNAL DON MOUCHO

Disfrutádeo!

                                                           XORNAL DON MOUCHO 2022 

XOGAMOS COA CIENCIA EN GALEGO

 Tedes no blog de biblioteca o xogo interactivo feito co material pescudado e elaborado polas aulas en distintos intres do curso sobre científicos e científicas da historia dentro do noso PDI. Pasade por alí e xogade!

ENLACE AO XOGO QUEN É QUEN

sábado, 28 de maio de 2022

UN NOVO MAIO EN FAMILIA

Biba da aula de 3 anos envíanos un novo maio feito na casa. Que bonito quedou! Que ben que sigades participando e recuperando tradicións!



martes, 17 de maio de 2022

SALVE... DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Os autores que celebramos curso a curso traen sempre a súa mochila de vida chea do amor e a loita polo noso, polas nosas tradicións e a nosa lingua. Florencio Delgado Gurriarán, ao que vimos coñecendo dende que comezou a celebración do mes das Letras Galegas, non foi menos. Ademais de expresar coas palabras as súas emocións, transmítenos o amor polo galego e por todo o que é de noso.

Este poema adicado á bandeira galega dá boa conta disto.




mércores, 11 de maio de 2022

OS XOGUETES DOS AVÓS...SIENNA E ALANA

 Sienna e Alana (2º de primaria e 3 anos) participan na recollida de xoguetes tradicionais e con reciclaxe construindo un tiracroios ou tiratacos; un xoguete de sempre. Aquí nolo amosan. Que ben o fixestes, grazas!



VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Patio de luces, este é o título do último libro que limos xuntos na escola. A súa autora, Érica Esmorís, visitounos o martes día 10 de maio para compartir con nós a historia que se agocha detrás desta marabillosa historia. Un confinamento, vellos recordos da nenez, un edificio de veciños, un porteiro entrañábel... E para nós, os nenos e nenas de 3º e 4º, un pracer escoitala e aprender... Mil grazas.

 

martes, 10 de maio de 2022

UN MAIO E UN CADRO... DE ABRIL E JULIÁN

 Abril (5 anos) e Julián (3º de primaria) festexan a primavera co seu estupendo maio e ademais atrévense cun  superreto artístico...recrean un cadro de Laxeiro. Que ben! 




luns, 9 de maio de 2022

"COMO FIXEMOS" O NOSO MAIO

 Os nenos e nenas de infantil quérenvos amosar como fixeron o seu maio.



O MAIO DE LOIS

 A Lois encántanlle os dinosaurios. Cando decidiu facer o maio na casa tíñao claro: quería facer un dinosaurio. Así xurdiu unha nova especie. Que nome lle imos por? Apuntarémolo na listaxe de dinos!






MESA DE LUZ E COMPOSICIÓNS PROPIAS NOS MAIOS

 Ademáis de todo o feito cos compañeiros de infantil na aula de 3 anos traballaron as palabras relacionadas cos maios na mesa de luz e fixeron as súas propias composicións vexetais no papel. Outro xeito distinto de vivir a tradición dos maios!












domingo, 8 de maio de 2022

O MAIO DE INFANTIL

 Chegado o mes de maio e coa colaboración das familias pasamos o luns e martes cumplindo coa tradición e preparando o noso maio colaborativo. Por quendas fomos achegándonos ao porche e pasamos o tempo colocando as xestas na estrutura, atando os fiunchos e ensartando pampullos no arame e no fío. Para rematar puxemos as preciosas flores que trouxemos entre todos. 

Deunos moito traballo, pero  cando o miramos rematado quedamos abraiados e moi satisfeitos. Nada mellor entón que bailar en cantar arredor do noso maio lembrando tamén as palabras dalguns dos nosos poetas como Florencio Delgado a quen se lle adican este ano As Letras Galegas.



                                                                 MAIO LONGO



AÍ VÉN O MAIO!






xoves, 5 de maio de 2022

HÉCTOR E AS FILLOAS

 Héctor de 1º súmase as actividades compartidas polas familias participando na feitura de receitas. El atreveuse coas filloas. Mirade que boa pinta teñen, aínda que nos falta a proba!!! Vas ser un estupendo cociñeiro, Héctor! 





EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES CON 5º P

E chegou o gran día! O 3 de maio os alumnos de 5º P foron de excursión as illas Cies grazas a gañar unha viaxe no concurso "As illas nas túas mans" 

O artista principal da "gaivota patiamarela"  foi David Lago coa axuda de Antía e Claudia. Acompañounos Grace, a nosa auxiliar de conversa estadounidense, que non deixou de falarnos en inglés, para seguir practicando durante toda a excursión.

Foi un día estupendo cheo de aventuras, natureza e diversión!



luns, 2 de maio de 2022

O MAIO DE SIENNA E ALANA

 Alana e Sienna  (3 anos e 2º de primaria) pasaron unha estupenda tarde facendo este precioso maio. Con ollos e sombreiro!!! Parabéns!




COMEZAN A CHEGAR OS MAIOS DAS FAMILIAS

 Xián e Noa (3º de primaria e 5 anos) son os primeiros en achegarnos a foto do seu maio. Que ben comezaron o mes cumplindo coa tradición! Parabéns!





domingo, 1 de maio de 2022

RELATOS DE "CONTÁDESNOS UN CONTO? TAMÉN EN GALEGO

 Os nenos e nenas de 4º, aos que se lles dá de medo isto dos relatos, atrevéronse tamén a escribilos en galego!




AÍ VEN O MAIO... DE FLORENCIO