No mes de maio tivemos dous obradoiros no cole ao redor da igualdade.
No primeiro a igualdade desde o punto de vista das redes sociais.
No segundo sobre o amor romántico e as relacións.
Foi moi interesante!!
No mes de maio tivemos dous obradoiros no cole ao redor da igualdade.
No primeiro a igualdade desde o punto de vista das redes sociais.
No segundo sobre o amor romántico e as relacións.
Foi moi interesante!!
Esta semana, as nenas e os nenos de 4º estivemos reflexionando sobre a importancia da linguaxe que empregamos cada día. Descubrimos que as palabras teñen moita forza e que, dependendo do que digamos ou da maneira en que o expresamos, podemos facer sentir ben, animadas e valoradas ás persoas que temos arredor… ou, pola contra, podemos causar tristura ou malestar sen decatarnos.
A través de diferentes actividades, conversas e dinámicas en grupo, aprendemos a escoitar con atención, a falar con respecto e a pensar antes de actuar. Tamén comprendemos o importante que é poñernos no lugar dos demais e tratar aos compañeiros e compañeiras con amabilidade e empatía.
Entre todas e todos seguimos construíndo unha aula na que nos sentimos seguros, respectados e valorados. Porque cando colaboramos, nos apoiamos e nos axudamos uns aos outros, convertémonos nun gran equipo capaz de aprender e medrar xuntos.
Durante as últimas semanas do trimestre os alumnos de 6º infantil, 2º, 4º e 6º de primaria poideron participar nun obradoiro de igualdade promovido dende o concello de Vigo: “Camiña con nós pola igualdade”. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron:
Este 25 de novembro fixemos visible o día da non violencia. Traballamos nas titorías toda a semana anterior en torno a dous libros "Artur e Clementina" e " As tres bolboretas". Comentámolos e sacamos conclusións prácticas para a vida diaria en familia e na sociedade tendo como base o respecto, tolerancia e valoracion das outras persoas.
Plasmamos na subida das escaleiras os nosos traballos gráficos.
Aquí queda exposto un pequeno video ainda que o maís importante esperemos que quede rexistrado na mente e no corazón do noso alumnado.
Esta semana tivemos de novo a Debo e María de visita no noso cole para axudarnos a comprender o significado e a importancia da corresponsabilidade.
O noso pavillón deportivo transformouse nunha casa coa súa sala de estar, habitacións, cociña...
Con este obradoiro de tarefas do fogar tomamos consciencia da necesidade que existe dunha repartición das tarefas entre as persoas que conviven.
Aquí podedes vernos colaborando nesta casa improvisada que montamos no noso cole!
En 5 anos gozaron cos xogos propostos e escoitaron atentamente o conto de "Iriña Bailarina".
Os nenos e nenas de infantil quérenvos amosar como fixeron o seu maio.
Os alumnos de 6º de Primaria aproveitaron a radio escolar para facer unha entrevista a Grace, a nosa auxiliar de conversa, e así poder coñecela moito mellor!!.
O venres 11 de marzo tivemos unha actividade para os nenos de 5º e 6º na que, mesturando o teatro e o xogo a través dunha temática relacionada co mar, abordaron cuestións como: existen as cores de nenos e nenas? Cales son os xogos para nenas e nenos? Pode desempeñar un home calquera profesión? E unha muller? Rematamos a actividade facendo improvisacións teatrais relacionadas co tema tratado.
Alén vive nunha vila na que as cousas son un pouco raras: segundo sexas home ou muller podes facer unhas cousas ou outras... Todas as nenas teñen que falar cantando, os nenos camiñar do revés, as avoas non poden comer polo con patacas, os avós... Uffffff, normas, normas e máis normas. Coñecedes algún lugar onde ocorra algo semellante?
Hoxe, na escola, as nenas e nenos de 2º, 3º e 4º vimos unha obra de teatro que nos fixo pensar sobre os roles de xénero na nosa sociedade...
Seguimos a traballar na igualdade como dereito humano fundamental para construír un mundo pacífico, sostible e próspero.
Os nenos de 5º de Primaria celebramos o " Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" no Verbum, con catro obradoiros nos que participaron de forma moi amena e interesante.
Recollemos na nosa aula virtual a testemuña de varias científicas galegas que, ademais en lingua galega, anímannos a todos, e especialmente a todas, a mergullarnos no mundo da ciencia e a contribuir os avances e melloras que o noso mundo precisa. Facémonos, tamén, eco das novas da prensa que nos presentan a mulleres científicas do noso entorno.