O venres 24 de xaneiro, o alumnado de 4º, puido traballar no Obradoiro de Igualdade, coma tódolos cursos. Desta vez, fixeron un traballo realmente interesante centrado nos catálogos de xoguetes, separando o que "supostamente" son xoguetes de nenos e os que son de nenas.
Analizaron o valor de saber interpretar as imaxes, as cores, as accións, a vestimenta..., todo para saber distinguir a importancia de elexir as súas propias preferencias, e non optar por aquelas que nos impoñen a todos dende pequenos, a través da publicidade que separa os xoguetes por xénero.
O tempo pasoulles rapidísimo, e quedaron con ganas de reflexionar un pouco máis sobre o tema, pero volverémolo a traballar ao longo do curso.
Parece mentira en pleno século XXI canto traballo queda inda por facer entre todos :-(
ResponderEliminar