Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE 2019-20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE 2019-20. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA. NOSO

Infantil ten feito unha adaptación do conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carballo Calero. Velaquí vai.


mércores, 27 de maio de 2020

ADIVIÑA A PALABRA

Imos xogar cos palabras de Ricardo Carballo Calero a partir da súa definición.


domingo, 24 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS: FAME DE PALABRAS

Estas son as nosas palabras escollidas de entre as moitas que se mesturan nos  libros  que nos gustan.

sábado, 23 de maio de 2020

COUSIÑAS DE CIENCIA DENDE CASA

Xa no mes de marzo fixemos cousas sobre mulleres científica; agora dende casa Aldara de  6º B fixo unha biografía de Marie Curie.








COUSIÑAS DENDE CASA NAS LETRAS GALEGAS

Candela de 6ºB fixo este vídeo contándonos a biografía de Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado este ano. Moi ben, Candela! Boa iniciativa.!




Gael de 6ºB fixo este traballo sobre Ricardo Carballo Calero.

                                                            PODEDES VELO AQUÍ



Os nenos e nenas de 1º de Primaria fixeron este vídeo recitando un poema de Rosalía de Castro. "Negra sombra"

xoves, 21 de maio de 2020

PRESENTACIÓN DOS MAIOS

AS NOSAS PITAS

Infantil presenta ás súas "pitas dende casa" que forman parte do traballo arredor do conto de Carballo Calero "As pitas baixo a choiva". Parabens a estes cativos!


luns, 18 de maio de 2020

NOVIDADES NO MES DAS LETRAS

Ollade as novas actividades que suxerimos para a segunda metade do mes das Letras Galegas.

domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa explicamos no blog de biblio aquí tedes algúns dos recursos organizados, ademais das pestanas  que xa había (algúns repítense, pero non importa).

luns, 11 de maio de 2020

MES DAS LETRAS: FAME DE PALABRAS

Nova proposta dos equipos de dinamización e biblio que publicamos para esta semana.
Léde a proposta aquí

mércores, 6 de maio de 2020

MÁIS MAIOS

Temos outras entradas con Maios das nosas familias no blog de Aguieira.

O MAIO DE ALDARA

DOUS MAIOS MÁIS

venres, 1 de maio de 2020

xoves, 30 de abril de 2020

CURROS E O MAIO

Curros Enríquez e o autor deste poema Aí vén o maio! do que vos deixamos un anaco e unha canción.

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


AÍ VÉN O MAIO...PROPOSTA DE LECER EN FAMILIA

Maio é o mes galego. Mes dos maios, mes das letras. A nosa lingua vai centrar este mes tódalas propostas.
Velahí vai a primeira...

OS MAIOS DO CONFINAMENTO
Este ano algunhas prazas de Vigo non poden encherse cos tradicionais maios, nin podemos gozar da representación tradicional de cantos e bailes. Tampouco podemos viaxar aos lugares onde hai máis tradición, coma Redondela, Marín, Vilagarcía  ou Ourense, por poñer algúns exemplos.
Daquela, invitámosvos a confeccionar un pequeniño, facerlle unha foto e enviárnola. 

Un maio ten normalmente unha estrutura cónica feita con varas e bimbios e recuberta con fiuncho, hedra, outras herbas e adornada con flores, laranxas, limóns,  banderolas de papel, cáscaras de ovos,...
Que podemos facer nós? Segundo onde vivamos podemos facer:

- un maio vexetal 
-ou atrevernos a facer un con material reciclado. Neste caso, unha estrutura de cartón, unha botella ou un cono de papel serviranos. Podemos recubrila de papeis verdes, follas de cartulina e decorala con flores de papel e outros adornos que atopedes pola casa.

Animádevos!

Ademáis os maios van acompañados moitas veces de coplas cunha letra crítica ou burlona. Este ano temos un inimigo moi claro contra o cal poderíamos compoñer moitas estrofas. É unha posibilidade pero hai moitas outras. Podemos simplemente cantarlle ao mes de maio, no que xa un pouquiño imos poder sair das nosas casas.

Se alguén se anima adiante, os mouchiños estamos tamén dispostos a recibir audios, textos ou vídeos coas vosas coplas.

Deixamos noutra entrada un poema e unha canción  para que vos serva de inspiración.

martes, 10 de marzo de 2020

EXPOSICIÓN NO VERBUM "A CULTURA AFRICANA" 5º E 6º PRIMARIA

O xoves 5 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de primaria fomos ao museo Verbum para disfrutar da exposición e das explicacións de Ibrahima, un senegalés que sabe moi ben do que fala.
Nesta exposición reuníronse miles de obxectos repartidos por épocas e culturas, desde as tribus do oeste ata unha das civilizacións da Antigüedade: O Exipto dos faraóns.
Pretenden amosar África, a gran descoñecida, como un continente cheo de contrastes e unha enorme riqueza cultural.

mércores, 4 de marzo de 2020

MÁIS ENTROIDO

Pinga a pinga van chegandonos máis fotos para que sigades a desfrutar deste bonito entroido. 

sábado, 29 de febreiro de 2020

MÁIS FOTOS DO ENTROIDO

Como prometemos, imos publicar pouquiño a pouco máis fotos do Entroido. Desta vez podemos ver a tripulación da Nao Victoria (os de 5º de Primaria)  e os planetas de 3 anos intres antes de sair a desfilar.

martes, 25 de febreiro de 2020

24 de FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

ROSALIA DE CASTRO.  DOODLE QUE LLE ADICARON NO 2015Doodle de Rosalía de Castro


Coincide este ano o Día de Rosalía no medio do Entroido. Non hai problema, cando volvamos ao cole ocuparémonos de celebralo traballando os versos da autora. Mentres, imos poñer aquí algúns versiños que lembran o inverno para que nos axuden na tarefa que os Mouchiños encargaron ás familias. Tratábase de retratar os gromos que saen cando se chega ao fin desta estación, facendo ver esa soidade tan rosaliana. A esas fotografías había que xuntarlle algún verso da poeta no que asomase a natureza. Aqui van algúns deles. Versos soltos de poemas cheos de soidade.



 Cando era tempo de inverno
Pensaba onde estarías,
Cando era tempo de sol,
Pensaba onde andarías.
¡Agora!... tan soyo penso,
Meu ben, se me olvidarías!

....

   ¡Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias
E nos penedos ásperos, do noso inmenso mar,
Fadas de estraño nome, de encantos non sabidos
Que só con nós comparten seu prácido folgar.
                              —
   Hai entre a sombra amante das nosas carballeiras,
E das curtiñas frescas, no vívido esprendor,
E no romor das fontes, espritos cariñosos
Que só ós que aquí naceron, lles dan falas de amor.
                              —
  E  hai nas montañas nosas, e nestes nosos ceos
En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,
Cores de brilo suave, de trasparencia húmida,
De vaguedade incerta, que  a nos só da pracer.


...


Natureza fermosa,
A mesma eternamente,

 No ceo, azul crarísimo;
No chan, verdor intenso;


 Cubertos de verdura,
Brilan os campos frescos,

Que pracidamente brilan
O rio a fonte e o sol,
Canto brilan..

Cal medran herbas e arbustos,
Cal brota na árbore a fror,
...

As estrelas van fuxindo, 
a espesa néboa enrarece, 
a arboriña que frorece
 por entre ela vai saíndo.

...
Pechei os ollos e vin...
Vin fontes, prados e veigas
Tendidos ò pé de min.

....
Meses do inverno fríos
Que eu amo a todo amar,
Meses dos fartos rios
Y o doce amor do lar.
   Meses das tempestades,
Imaxe da dor,
Que afrixe as mocidades
e as vidas corta en fror.
   Chegade, e tras do outono
Que as follas fai caer,
Nelas deixade que o sono
Eu durma do non ser.
   E cando o sol fermoso
De abril torne a sorrir,
Que alume ó meu repouso,
xa non ó meu sufrir.

sábado, 22 de febreiro de 2020

FESTA ENTROIDO 2020

Un ano máis chegamos en tempo á nosa cita entroideira. O patio encheuse de mil cores no noso tradicional desfile, no que tivemos a sorte de contar con moitos membros das familias. Sabemos que outros moitos querían vir, pero non lles era posible. Daquela compartimos para eles as primeiras fotos que temos destes momentos de ledicia e festa. Non queremos facervos agardar máis!.
 Dentro duns días, cando teñamos xuntadas tódalas fotos feitas, engadiremos  aquelas que amosan máis ao detalle todo o traballo feito nas aulas, traballo no que, ás veces, véncenos o desazo; pero que á vista do resultado coidamos que paga moito a pena. 
Publicaremos tamén os textos tradicionais da festa...a presentación, as coplas, o testamento do noso Meco Guamolito... un traballo literario e de escrita e fala en galego que, no rebumbio, pasa un pouco desapercibido, pero que é o que dá moito sentido a todo este choio.
Do mesmo xeito non vos perdades as vindeiras entradas e os traballos que ata final de curso irán aparecendo polos corredores da escola para entender ben o que se agacha detrás desta macrocomparsa adicada á 1º Volta ao Mundo. Cada disfraz ía ben aquelado con todo o que sucedeu hai 500 anos e os feitos particulares que traballamos en cada aula. 
Grazas a tódolos nenos, nenas e profes polo seu esforzo e a tódalas familias por estar aí, dun ou doutro xeito, compartindo o noso traballo. Agora  a desfrutar das nosas tradicións nas rúas e a contarnos todo o que vexades.

venres, 21 de febreiro de 2020

SEMANA DA TROULA

Como todos sabedes, Guamolito, o noso Meco, impuxo o seu reinado nesta semaniña de troula e todos ben mandadiños fomos cumprindo día a día coas diferestes consignas.
Trouleiros e trouleiras viaxamos cargadiños toda a semana cos nosos prismáticos, anteollos, mapas, gorros, barbas e pelucas á espera da festa total que nos agardaba o venres. como ben se mira gozamos un mundo, nunca mellor dito!!.