sábado, 22 de febreiro de 2020

FESTA ENTROIDO 2020

Un ano máis chegamos en tempo á nosa cita entroideira. O patio encheuse de mil cores no noso tradicional desfile, no que tivemos a sorte de contar con moitos membros das familias. Sabemos que outros moitos querían vir, pero non lles era posible. Daquela compartimos para eles as primeiras fotos que temos destes momentos de ledicia e festa. Non queremos facervos agardar máis!.
 Dentro duns días, cando teñamos xuntadas tódalas fotos feitas, engadiremos  aquelas que amosan máis ao detalle todo o traballo feito nas aulas, traballo no que, ás veces, véncenos o desazo; pero que á vista do resultado coidamos que paga moito a pena. 
Publicaremos tamén os textos tradicionais da festa...a presentación, as coplas, o testamento do noso Meco Guamolito... un traballo literario e de escrita e fala en galego que, no rebumbio, pasa un pouco desapercibido, pero que é o que dá moito sentido a todo este choio.
Do mesmo xeito non vos perdades as vindeiras entradas e os traballos que ata final de curso irán aparecendo polos corredores da escola para entender ben o que se agacha detrás desta macrocomparsa adicada á 1º Volta ao Mundo. Cada disfraz ía ben aquelado con todo o que sucedeu hai 500 anos e os feitos particulares que traballamos en cada aula. 
Grazas a tódolos nenos, nenas e profes polo seu esforzo e a tódalas familias por estar aí, dun ou doutro xeito, compartindo o noso traballo. Agora  a desfrutar das nosas tradicións nas rúas e a contarnos todo o que vexades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario