Amosando publicacións coa etiqueta RETO #CONCIENCIAMOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RETO #CONCIENCIAMOS. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de abril de 2024

VISITA AO ARBORETUM FUNDACIÓN SALES

 O pasado venres os nenos e nenas de infantil e primeiro gozamos dunha fermosa experiencia nos xardíns da fundación Sales, no arboretum. Durante varias horas puidemos observar árbores, plantas e algúns animais nunha contorna harmoniosa e dunha gran beleza. Escoitamos as explicacións que nos deron sobre as distintas especies, demostramos o que nós xa temos aprendido no noso PDI, tocamos as distintas texturas das plantas, gozamos coas especies acuáticas, xogamos nun bosque de bambúes e puidemos decorar unha maceta biodegradable e plantar a nosa propia leituga.

Foi outro xeito de gozar do bosque e mailos seres vivos e seguir concienciándonos da súa importancia para a vida e para a nosa felicidade. Moitas grazas ás monitoras que nos acompañaron e nos amosaron unha chea de marabillas!



mércores, 10 de abril de 2024

5ºE 6º NOS MONTES DE COMESAÑA. Charla e plantación

Hai algunhas semanas os nenos e nenas de 5º e 6º aprenderon moitas cousas sobre os montes de Comesaña e sobre a importancia da reforestación nunha charla organizada pola comunidade de montes na escola. Despois puxeron tamén mans á obra subindo ao monte e practicando o aprendido. Plantaron varias especies autóctonas, Secuoia vermella, araucaria e almez, para seguir facendo medrar os bosques da nosa contorna e enchelos de biodiversidade. Foi unha estupenda actividade de concienciación sobre os coidados que temos que dar aos nosos montes e as esperanzas de recuperación tralos lumes.
 

 


martes, 26 de marzo de 2024

PLANTAMOS ÁRBORES NOS MONTES DE COMESAÑA

 Neste mes de marzo tivemos a sorte de ir ata os montes de Comesaña a participar na reforestación. Primeiro os de 2º, 3º e 4º e ,despois coincidindo co Día da árbore, infantil e 1º de primaria. No caso dos peques plantaron no monte os castiñeiros que sementaran no outono e que estiveron coidando ata a súa viaxe ao bosque. Aínda non temos tódalas fotos desta actividade de infantil e 1º de primaria, así que volo contaremos todo mellor á volta das vacacións. Deixámosvos coas imaxes tomadas polas profes e a comunidade de montes de Comesaña desta gran experiencia. Aprendemos a recoñecer as árbores autóctonas, aprendemos o proceso de plantación e a importancia das árbores para o ecosistema e por riba de todo gozamos da natureza e da beleza do bosque.