Hoxe, na escola, o alumnado de 1º e 2º participamos nunha actividade na que aprendimos a importancia de elixir disfraces seguros e sostibles, fixándonos sempre nas súas etiquetas e asegurándonos da presenza do selo da Comunidade Europea, que nos vai garantizar que os materiais sexan seguros para todos nós. Tamén nos explicaron que hai que fixarse na presenza doutros elementos como cremalleiras, cordóns, etc. que poden chegar a poñernos en perigo… Asemade recordáronnos que é moi importante reutilizar e/ou donar aqueles disfraces ou roupas que xa non nos valen…
Entre todos temos que facer deste mundo un lugar máis sostible e seguro.









