Este luns, 18 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria desprazámonos ata o Auditorio do Concello de Vigo para asistir ao concertoVOCASÓNS da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD).
Gozamos dun concerto dos mestres e mestras da ETRAD. Algúns dos instrumentos que puidemos ver e escoitar son: a arpa céltica, o acordeón, a gaita, varios instrumentos de percusión tradicional, o violín folk e a zanfona. Sen esquecer as grandes voces do canto popular.
Neste ratiño achegámonos e sentimos os ritmos, xéneros e melodías da nosa cultura musical. Tamén descubrimos que as palabras son protagonistas en todas as músicas do mundo. As palabras dan nome aos ritmos cos que bailamos, tocamos e cantamos. E, ademais, teñen unha historia que nos contar.
Foi unha bonita forma de comezar a semana, cantando e acompañando coas nosas palmas! 👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario