O alumnado de 1º e 2º fixo a súa primeira visita a Alcampo, situado en Coia, para coñecer
o funcionamento deste hipermercado. Percorremos os diferentes corredores, poñendo
máis atención nas froitas e verduras, así coma na peixería, para coñecer produtos non tan
comúns nas nosas casas, así como as peculiaridades de determinados peixes e mariscos.
Unha vez colocados os delantais e cubrebocas accedemos á parte destinada aos traballadores,
na que se preparan os produtos para a súa venda ao público. Compartimos momentos cos
panadeiros, que estaban afanados entre tanta fariña, así como coa sección de carnicería, na
que vemos como traballaba o carniceiro e os seus axudantes, e o empaquetado e etiquetado
posterior. Agasalláronnos cunha pequena merendola que desfrutamos, antes de marchar,
moi contentos por esta nova experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario