martes, 25 de febreiro de 2020

24 de FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

ROSALIA DE CASTRO.  DOODLE QUE LLE ADICARON NO 2015Doodle de Rosalía de Castro


Coincide este ano o Día de Rosalía no medio do Entroido. Non hai problema, cando volvamos ao cole ocuparémonos de celebralo traballando os versos da autora. Mentres, imos poñer aquí algúns versiños que lembran o inverno para que nos axuden na tarefa que os Mouchiños encargaron ás familias. Tratábase de retratar os gromos que saen cando se chega ao fin desta estación, facendo ver esa soidade tan rosaliana. A esas fotografías había que xuntarlle algún verso da poeta no que asomase a natureza. Aqui van algúns deles. Versos soltos de poemas cheos de soidade.



 Cando era tempo de inverno
Pensaba onde estarías,
Cando era tempo de sol,
Pensaba onde andarías.
¡Agora!... tan soyo penso,
Meu ben, se me olvidarías!

....

   ¡Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias
E nos penedos ásperos, do noso inmenso mar,
Fadas de estraño nome, de encantos non sabidos
Que só con nós comparten seu prácido folgar.
                              —
   Hai entre a sombra amante das nosas carballeiras,
E das curtiñas frescas, no vívido esprendor,
E no romor das fontes, espritos cariñosos
Que só ós que aquí naceron, lles dan falas de amor.
                              —
  E  hai nas montañas nosas, e nestes nosos ceos
En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,
Cores de brilo suave, de trasparencia húmida,
De vaguedade incerta, que  a nos só da pracer.


...


Natureza fermosa,
A mesma eternamente,

 No ceo, azul crarísimo;
No chan, verdor intenso;


 Cubertos de verdura,
Brilan os campos frescos,

Que pracidamente brilan
O rio a fonte e o sol,
Canto brilan..

Cal medran herbas e arbustos,
Cal brota na árbore a fror,
...

As estrelas van fuxindo, 
a espesa néboa enrarece, 
a arboriña que frorece
 por entre ela vai saíndo.

...
Pechei os ollos e vin...
Vin fontes, prados e veigas
Tendidos ò pé de min.

....
Meses do inverno fríos
Que eu amo a todo amar,
Meses dos fartos rios
Y o doce amor do lar.
   Meses das tempestades,
Imaxe da dor,
Que afrixe as mocidades
e as vidas corta en fror.
   Chegade, e tras do outono
Que as follas fai caer,
Nelas deixade que o sono
Eu durma do non ser.
   E cando o sol fermoso
De abril torne a sorrir,
Que alume ó meu repouso,
xa non ó meu sufrir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario