Amosando publicacións coa etiqueta animacion lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animacion lectora. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de abril de 2024

CONTOS DE HORTA E DE XARDÍN

 Un anuncio da biblioteca na procura de lectores para o obradoiro "Hoxe le...",  que nos fagan gozar do xardín nos días soleados e nos acheguen historias relacionadas coa horta e o xardín e os coidados do medio natural está convertindo á hora de ler nun tempo de lectura no que o noso patio-bosque é protagonista e espazo lector. Xa temos un mundo de nenas e nenos preparando as súas lecturas e agardando a súa quenda. A horta de Simón e o Carballo con botas foron os primeiros libros lidos a semana pasada e esta, na que celebramos o día do libro. Primeiro foron os nenos de 4 anos os lectores e os de 4º como público. Hoxe as lectoras Zoe e Carla de 3º leron para infantil de 3 e 5 O carballo con botas e crearon conciencia.












luns, 8 de abril de 2024

Intercambio de cartas A Guarda (3ºEP) - Vigo (4ºEP)

Esta mañá chegou un sobre cun contido moi especial á aula de 4º EP 📮💌📭 

Nenos e nenas do CEIP As Solanas, un cole de A Guarda, escribíronnos unhas cartas contándonos cousas da súa localidade. Foi unha sorpresa moi bonita recibir estas cartas, fíxonos moita ilusión 🥰🥰 

Aproveitamos o que nos contaban sobre as súas praias e os seus montes para coñecer a Terra da Desembocadura do Miño. Investigamos e buscamos información e imaxes dos seus sitios favoritos. 

Agora tócanos a nós escribir e falarlles do noso cole e da nosa vila. 📝✉️📮






martes, 20 de decembro de 2022

 O ALUMNADO DE 2º ENVÍASE POSTAIS NAVIDEÑAS

Os nenos de 2º disfrutaron botando as súas postais navideñas ao buzón que está á entrada do cole. Cada un fixo a súa postal destinada a un compañeiro da propia clase, despois de facer un sorteo secreto.  

Eles mesmos foron os creadores das postais, de poñer os remites e destinatarios, así como de pegar o selo para que chegue ao destino. 

Están todos desexando saber quen será o que lles felicitará as festas! Qué emocionante!

luns, 2 de maio de 2022

O CONTO FAVORITO DE...

 Sienna e Alana tamén comparten e len o seu conto favorito OS FANTASMAS NON PETAN NA PORTA.

Un conto estupendo! Bravo por elas!







domingo, 1 de maio de 2022

RELATOS DE "CONTÁDESNOS UN CONTO? TAMÉN EN GALEGO

 Os nenos e nenas de 4º, aos que se lles dá de medo isto dos relatos, atrevéronse tamén a escribilos en galego!




AÍ VEN O MAIO... DE FLORENCIO

 



CONTACONTOS CON SABELA GAGO. INFANTIL, 1º e 2º de PRIMARIA

Este derradeiro venres de abril foi un día moi especial no que unha vez máis recibimos a Sabela Gago. Xa visitara o noso cole nalgún curso pasado e agora tocaba de novo gozar coa súa arte.

Durante un tempo que se nos fixo curto os de infantil, 1 e 2º de primaria, cadaquen na súa quenda, contamos e debullamos canda ela a historia de Martín e outras historias paralelas. Mergullámonos nun contacontos sen imaxes nen letras, só coas mans e coa voz, coa forza dos xestos. Experimentamos un xeito distinto de movernos polo planeta dos contos e pasámolo moi ben. Ela chegou coa súa maleta chea de sorpresas e coa maleta aínda máis chea, coa maxia compartida, marchou. E coma sempre deixounos a suxestión de que non esquezamos tirar dos libros da biblioteca para soñar.



  

mércores, 23 de febreiro de 2022

RECITANDO A ROSALÍA

 Ano tras ano invitamos a tódolos nenos e nenas a recitar e ler en voz alta os poemas de Rosalía neste día tan especial. Na aula de 5 anos non o pensaron dúas veces e aproveitaron o estupendo día que fixo para celebralo ao ar libre. Noraboa! que ben o facedes!






venres, 12 de novembro de 2021

día das escritoras e contacontos de medo tamén en galego

 O pasado 18 de Outubro celebramos o día das escritoras adicado a Concha Blanco e Paula Carballeira. Os seus contos protagonizan dúas propostas de obradoiros creativos dentro do noso PDI anual: o obradoiro de volume "Vai de casas" e o obradoiro emocional "Coñecéndonos e  empatizando"coa actividade "Vai de fillos". Ademais de encher de lecturas as mochilas a elas adicadas.

Os contos a traballar nos obradoiros:

A casa de cartón (Concha Blanco), A casa redonda (Paula Carballeira) e Mateo  (Paula Carballeira).


As escritoras galegas tamén protagonizaron algúns dos libros lidos no contacontos de outono.

"Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto

"Loboferoz "Marisa nuñez e Patacrúa

"A min non me comas" Margarita del mazo

domingo, 9 de maio de 2021

ADA E NOA LEN CON XELA ARIAS

 Ada (2º de primaria), Noa (4º de primaria) e o seu pai len as bruxas de  Roald Dahl traducido por Xela Arias, autora homenaxeada nesta vindeira celebración do Día das Letras Galegas. 



venres, 19 de marzo de 2021

MURO DIXITAL PARA A SEMANA DA POESÍA

 

Coñecede á actividade que desenvolvemos na vindeira semana da Poesía.

Lede a entrada no blog de biblioteca

sábado, 6 de xuño de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA. NOSO

Infantil ten feito unha adaptación do conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carballo Calero. Velaquí vai.