Este derradeiro venres de abril foi un día moi especial no que unha vez máis recibimos a Sabela Gago. Xa visitara o noso cole nalgún curso pasado e agora tocaba de novo gozar coa súa arte.
Durante un tempo que se nos fixo curto os de infantil, 1 e 2º de primaria, cadaquen na súa quenda, contamos e debullamos canda ela a historia de Martín e outras historias paralelas. Mergullámonos nun contacontos sen imaxes nen letras, só coas mans e coa voz, coa forza dos xestos. Experimentamos un xeito distinto de movernos polo planeta dos contos e pasámolo moi ben. Ela chegou coa súa maleta chea de sorpresas e coa maleta aínda máis chea, coa maxia compartida, marchou. E coma sempre deixounos a suxestión de que non esquezamos tirar dos libros da biblioteca para soñar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario