O pasado 18 de Outubro celebramos o día das escritoras adicado a Concha Blanco e Paula Carballeira. Os seus contos protagonizan dúas propostas de obradoiros creativos dentro do noso PDI anual: o obradoiro de volume "Vai de casas" e o obradoiro emocional "Coñecéndonos e empatizando"coa actividade "Vai de fillos". Ademais de encher de lecturas as mochilas a elas adicadas.
Os contos a traballar nos obradoiros:
A casa de cartón (Concha Blanco), A casa redonda (Paula Carballeira) e Mateo (Paula Carballeira).
As escritoras galegas tamén protagonizaron algúns dos libros lidos no contacontos de outono.
"Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto
"Loboferoz "Marisa nuñez e Patacrúa
"A min non me comas" Margarita del mazo
Ningún comentario:
Publicar un comentario