O martes 28 de xaneiro, 4º de primaria adentrouse no campo da "Navegación", dentro das saídas ofertadas polo Museo de Mar de Vigo.
Percorreron a historia das embarcacións, dende as primeiras canoas impulsadas por remos, tan coñecidas para nós por traballar aos indíxenas do Amazonas, ata os barcos impulsados por motor.
Aprenderon a utilizar a "agulla de marear", utilizada antigamente para orientarse en medio do mar, así coma outros instrumentos útiles na navegación como, por exemplo, un cuadrante que realizaron eles mesmos na sala de actividades.
Esta saída serviulles para acercalos ao noso PDI, e coñecer un pouco máis a expedición de Magallanes, da que cada vez imos coñecendo máis detalles.
Vivimos nunha situación privilexiada. Aproveitemos o mar e os seus recursos para coñecer a historia.
ResponderEliminar